Montijo, Salamanca e Murcia no punto de atención nesta fin de semana

Publicado por: F.G. Atletismo

Son moitos varios e importantes os frontes atléticos competitivos que esta fin de semana se atopan abertos ó longo de toda a xeografía do Estado.

Para comezar, en Salamanca disputaranse do 02 ó 04,  os XXIV Campionatos de España Máster de Pista Cuberta no que nada menos que un total de 166 atletas tomarán parte nos mesmos intentando mellorar ese balance colleitado en Gijón o ano pasado e na que os nosos representantes acadarían un total de 46 medallas (11 ouros, 18 pratas e 17 bronces) así como a consecución de 21 novos réords galegos e 3 nacionais.

Outro importante foco de atención será a dos atletas en idade escolar quenes tomarán parte do Campionato de España Campo a Través do CSD en Murcia o próximo domingo, e na que Galicia acude cos equipos  Sub-18 e Sub-16 ó fronte dos cales se atopan El Medhi El Naboaui, Sara López, Hugo García e Elsa Pena. O obxectivo non é outro que o de intentar facer un bo papel tanto individual coma por equipos e mellorar esas dúas medallas individuais e unha por equipos acadadas o ano pasado na localidade extremeña de Don Benito

Xa por último, en Montijo disputarase o VIII Campeonato de España de Invierno de Lanzamentos Longos á que acuden un total de seis galegos. Na categoría masculina contarenos ca presenza do catro veces olímpico Frank Casañas quen tomará parte en disco e que estará acompañado por Victor Gallego. Xunto eles Carlos Revuelta e Nacho Fernández lanzarán no concurso de martelo. En mulleres a mundialista en Londres o ano pasado Belén Toimil concursará en peso o mesmo que Angeles Filgueira en xavalina.

Relación de atletas galegos en Salamanca

Relación de atletas galegos en Montijo

Relación de atletas galegos en Murcia

Na foto, Hugo Garcia (webb da S.G.P.)

 

O artigo Montijo, Salamanca e Murcia no punto de atención nesta fin de semana publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Montijo, Salamanca e Murcia no punto de atención nesta fin de semana

Mas noticias relacionadas