Necho Fernández, novo Director Técnico da FGA

Publicado por: F.G. Atletismo

O exlanzador internacional Raimundo Fernández “Necho” será o novo Director Técnico da Federación Galega de Atletismo en sustitución de Madó González quen renuncia ó posto por petición propia logo dun magnífico e infatigable traballo realizado durante estes últimos anos.

Este coruñés de 48 anos, é licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Técnico do Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña así como Adestrador Nacional de Atletismo. Foi atleta internacional e campión de España Absoluto en lanzamento da xavelina en 1993 e 1996. A súa experiencia na xestión deportiva, a formación académica, o coñecemento do atletismo dende un importante sector como son os lanzamentos, e o seu compromiso ininterrumpido co atletismo galego,  foron claves para a súa elección.

A FGA agradece a Madó o traballo feito e servizos prestados durante estés últimos anos e felicita ó novo Director Técnico, desexándolle o mellor dos éxitos nesta importante tarefa.

O artigo Necho Fernández, novo Director Técnico da FGA publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Necho Fernández, novo Director Técnico da FGA

Mas noticias relacionadas