O Campionato Galego Absoluto recibe aos seus aspirantes (II)

Publicado por: F.G. Atletismo

Continúa o reloxo avanzando para que en apenas menos de dous días podamos estar disfrutando en Santiago dunha nova edición correspondente ao Campionato Xunta de Galicia Absoluto 2023.

Os preparativos continúan a bo ritmo para que todo o entramado organizativo e loxístico esté perfectamente operativo nas pistas da Universitarias de Santiago para este sábado arrinque a partir das 10:00 horas a gran cita galega.

Se no día de onte falabamos da previa da categoría feminina, hoxe centrarémonos na categoría masculina con non menos interesantísimas carreiras e concursos para disfrutar.

Para comezar Javier García do Celta presentase como favorito na proba raiña da velocidade grazas aos seus excelentes 10.51 efectuados no encontro de Liga do pasado 7 de maio. O campión galego do ano pasado Adrián Pérez e o internacional e plusmarquista galego Mauro Triana, postúlanse para os postos de podio. Precisamente o propio Triana parte ca mellor marca na proba dos 200 na que Jacobo Soler realizaba a finais de maio un crono de 21.89 pero….con -2.9!. Sergio Rodríguez da Gimnástica, como sempre, estará na loita directa polas medallas.

Atención aos 400 m. na que novamente un excelente Jacobo Soler aspira a revalidar o seu título, liderando para elo a relación de participantes con 47.25 e onde Alexis Miguens do At. Santiago con 47.81, terá moito que decir.

No medio fondo o internacional Sub23 Elian Numa parte como favorito na proba dos 800 m. logo de estabrecer fai uns días a terceira mellor marca galega de sempre con 1:46.83. Igual condición de favorito ten o campión galego de pista cuberta Pablo Bocelo da Gimnástica sobre os 1.500 m. co permiso, do tamén Gimnástico e campión galego indoor dos 3.000 m., Carlos Porto.

Algo máis claro estará a proba dos 5.000 m. no que vixente campión galego tanto de campo a través como dos 5.000 m., Esteban Iglesia do Lucus Caixa Rural, fará valer a súa MMT de 14:29.03. O lucense ademáis, e caso de tomar parte na proba, posicionase nos 3.000 obstáculos na que terá enfronte ao campión galego, e líder do ranking anual, Nicolás Arrojo do Lucus Caixa Rural.

Unha das actuacións agardadas será a do atleta internacional venezolano con ficha por Galicia desde o ano 2021 Gerson Vidal Izaguirre, quen parte como favorito nas probas dos 110 valos con 14.43; altura con 1.95 m. e lonxitude con 7.41 m. Sobre estas mesmas distancias estarán na pelexa directa co venezolano o internacional Sub20 nos valos Hugo Vázquez do Marineda así como Diego Ares do Ourense Atletismo en altura. Na lonxitude, novo e interesantísimo man a man entre os célticos Raúl Cortizo 7.19 m. e Sergio Coello con 7.21 m. cas medallas en xogo.

O campión galego do ano pasado Iago Núñez do Lucus intentará reeditar o seu título autonómico na proba dos 400 valos na que terá enfronte a un duro oponente da man de Xabier Lires do Marineda Atlético, ambos separados por 53 centésimas.

Nos concursos de triplo e pértega, tanto Anxo Blanco da Gimnástica con 15.13 m. como o campión galego do ano pasado e de pista cuberta Tomás López do Atletismo Sada, parten como  favoritos nas súas respectivas modalidades.

Xa no sector de lanzamentos, todos os focos de atención postas na actuación de Victor Gallego da Gimnástica de Pontevedra a quen veremos lanzando peso e disco na procura de incrementar a súa lenda de home con máis títulos galegos absolutos da historia do noso deporte. Non o terá doado no peso, xa que o céltico Miguel Angel Granado parte como favorito grazas aos seus 15.80 m.. Si en cambio parace algo máis accesible o disco na que se sitúa como líder do ano comodamente con 49.22 m.

No martelo Eric Méndez parte en todas as apostas como favorito grazas a súa MMT de 61.74 m. polos 58.21 m. de Yago Araujo do Celta, principal opoñente do campión de España Sub20 de lanzamentos longos do ano pasado.

Moita emoción será a que vexamos no concurso de xavelina na que a veteranía, representanda polo internacional campión de España Manuel Uríz, interporase á xuventude tanto de Pedro Santos do Celta como de Jonathan Correa da Gimnástica nun máis que interesante duelo.

Na marcha outra das presencias importantes vai ser a do atleta internacional Daniel Chamosa quen parte como claro favorito nunha distancia na que intentará mellorar os seus 19:42.13 deste ano o que suporía casi con toda seguridade un novo récord galego.

Campionato Xunta de Galicia de Combinadas

Pola súa banda e de maneira paralela disputarase o sábado e o domingo o Campionato Xunta de Galicia de probas combinadas na que tomarán parte un total de once atletas entre os que destacan Bran Chapela do Celta e Nerea Amigo do Atletismo Sada na categoría Sub20; Enrique Polo do Atletismo Sada na Sub18 e Laura Barbazán do Atletismo Santiago na absoluta.

Foto A. Juncal

O artigo O Campionato Galego Absoluto recibe aos seus aspirantes (II) publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O Campionato Galego Absoluto recibe aos seus aspirantes (II)

Mas noticias relacionadas