Publicado por: F.G. Atletismo
Máis de catrocentos atletas tomarán parte esta fin de semana no Campionato Xunta de Galicia Sub18 que se desenvolverá a partir das 10.30 horas nas pistas do CGTD de Pontevedra.
Este campionato servirá tamén para decidir prácticamente a composición da Selección Galega Sub18 que tomará parte no Campionato de España por Autonomías do vindeiro 18 e 19 de xullo en Jeréz de la Frontera.
Destacadas presenzas
Entre a relación confirmada de participantes para este campionato contaremos ca presenza destacada da plusmarquista nacional lucense e atleta internacional Xela Martínez a quen poderemos ver sobre a proba dos 2.000 obstáculos na procura de atacar o récord galego de 6:57.7 que desde o ano 2015 posúe Ana García do ADAS.
A tamén internacional e subcampioa de España indoor Carlota Salgado do A.F.Celta verémola por partida dobre tanto na proba do 100 valos como na de lonxitude nas que parte como clara favorita.
Sobre as dúas colchonetas estarán en acción a plusmarquista galega Sub18 e campioa galega absoluta de pértega indoor Lisa Vosberg do A.F.Celta , así como a medallista nacional invernal en altura Emma Sihunag da Atlética Lucense.
A marcha feminina e os lanzamentos serán outro dos pratos fortes desta edición grazas en parte a presenza das marchadoras da Atlética Lucense Aldara Meilán e Oleksandra Kostenco así como a da lanzadora do Ourense Atletismo Blanca Pereira, quen lograba o campionato de España de Lanzamentos longos no concurso de martelo este mesmo inverno.
Tamén estaremos moi pendetes entre outros do que fagan os finalistas do último nacional de Valencia, Xoel Otero do Mazí en triplo e Alicia Barreiro do Ría Ferrol nos 400 m.
Por ultimo, no Campionato Xunta de Galicia de Combinadas, o atleta da Gimnástica Matías Moldes parte a priori como favorito na categoría masculina, estando moito máis aberta a categoría feminina na que competirán cinco atletas.
O artigo O CGTD recibe o Campionato Xunta de Galicia Sub18 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: O CGTD recibe o Campionato Xunta de Galicia Sub18