O CGX celebra o seu quinto Congreso Técnico de xuíces

Publicado por: F.G. Atletismo

No dia de mañá o Comité Galego de Xuices celebrará na Cidade da Cultura de Santiago o seu V Congreso Técnico de Xuices de Atletismo á que acudirán un total de 75 asistentes procedentes de todo Galicia e do resto de España.

A mesa de autoridades estará formada polo Presidente da FGA Iván Sanmartín, Presidente do CGX Eloy Bretal e a da Directora do Congreso Loreto Pérez. De igual  modo tamén contarase ca asistencia da Subdirectora Xeral de Xestión Deportiva Mar Teijeiro, en representación da Xunta de Galicia.

Espazo de formación e encontro.

O congreso que pretende ser un escenario de formación, encontro, actualización e aprendizaxe do colectivo, contará ca presenza de nada menos que de catro conferenciantes de gold level aos que se sumarán xuíces internacionais tanto do Comité Nacional como do Comité Galego o que pon de manifesto a calidade deste importante acontecemento.

Ca xornada de mañá, o congreso achégase a súa quinta edición logo das celebradas no ano 2012 na cidade de Pontevedra, no 2014 na da Coruña, no 2016 en Ourense e na do 2018 novamente en Pontevedra.

Páxina web do congreso

 

O artigo O CGX celebra o seu quinto Congreso Técnico de xuíces publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O CGX celebra o seu quinto Congreso Técnico de xuíces

Mas noticias relacionadas