O equipo feminino do ADAS CUPA, campión de España Sub23 de campo a través

Publicado por: F.G. Atletismo

Excelente resultados os logrados polos equipos galegos esta fin de semana durante a disputa do Campionato de España de Campo a través por clubs desenvolto en Soria.

As nosas e nosos representantes acadaron un total de tres medallas por equipos así como un triunfo e un segundo posto no individual o que representa un magnífico balance para o noso atletismo.

Por equipos sen lugar a dúbidas o máis salientable foi o título logrado polo equipo femenino Sub23 do ADAS CUPA que nun axustadísimo resultado lograba impoñerse tanto ao  Universidade de León como ao Metaesport Riba por catro e seis puntos respectivamente. A nivel individual gran traballo das integrantes valdeorresas que lograban colocar a Inés Docampo, Sara López e María Cedrón entre as dez primeiras da clasificación xeral. Con este título o ADAS CUPA sube por vez primeira ao máis alto dun caixón nun campionato de España de campo a través sumando o seu nome aos do New Balance San Miguel de Oia, Real Club Celta, Sociedad Gimnástica, Universidade de Santiago, Atletismo Narón, At.Vila de Cangas, Comesaña S.C., Val Miñor, Atlética Lucense, Ourense atletismo e Mercantil de Vigo.

O outro podio acadado para os intereses galegos foi o que lograba a Escola Atlética Lucense na categoría Sub18 feminina quen cedía tan só ante o potente equipo do Playas de Castellón. Novamente Xela Martínez volveu ser a mellor das galegas ao rematar a nivel individual na segunda posición con Enma Martínez logrando o sétimo posto da xeral e Sandra Gonzalez o vixésimo sexto lugar.

O última dos podios galegos viu da man da formación Sub16 da Sociedad Gimnástica de Pontevedra cuxas integrantes sumaban un total de 156 puntos que as metían directamente no terceiro posto da clasifición xeral.  Sabela Castelo, actuando como atleta filial e confirmando a súa calidade, lograba o primeiro posto da xeral secundada por unha sensacional Sabela Martínez que de igual modo, entraba no terceiro posto.

No resto de actuacións cabe salientar o quinto lugar na Sub23 masculina de El Mehdi El Nabaoui defendendo as cores do equipo astuariano do Oriente Atletismo. De igual modo, gran carreira do lucense Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural quen pola súa banda entraba de cuarto na clasificación individual na sub18 masculina ao igual que a gimnástica Isabel Caeiro, sexta na Sub20. Na categoría absoluta feminina, Ester Navarrete do A.F Celta lograba unha meritoria novena posición na súa proba.

No resto de actuacións os nosos equipos lograban os seguintes postos:

  • Absoluto mulleres: 26ª C.A.Ría de Foz
  • Absoluto homes: 10º Lucus Caixa Rural Galega / 25º ADAS CUPA
  • Sub23 mulleres: 1ª ADAS CUPA / 9ª S.Gimnástica
  • Sub23 homes: 22º C.ASantiago
  • Sub20 mulleres: 18º C.D. La Purísima
  • Sub20 homes: 28º Agrupación Viguesa A.
  • Sub18 mulleres: 2º E.Atlética Lucense / 39º C.Atletismo Sada / 40ª Comesaña Sporting C.
  • Sub18 homes: 10º E.Atlética Lucense / 21º A.D. Fogar / 32º Lucus Caixa Rural / 38º Ferrol Atletismo
  • Sub16 mulleres: 3ª S.Gimnástica / 24ª E.Atlética Lucense / 39ª Riazor Coruña
  • Sub16 homes: 18º A.D. Fogar / 30º Riazor Coruña / 50º S.Gimnástica
  • Remudas mixtas: 12ª ADAS CUPA / 31ª Lucus Caixa Rural / 34ª S.Gimnástica

Histórico títulos

Co triunfo logrado polo ADAS CUPA, os equipos galegos suman un total de 54 títulos en todas as categorías no histórico xeral da competición.

Equipos galegos gañagores do Campionato de España na categoría feminina

  • Absoluta: New Balance San Miguel de Oia (1993/94/95/96/97)
  • Sub23: New Balance San Miguel de Oia (1993) S.Gimnástica (1996) Universidade de Santiago (2001) e ADAS CUPA (2023)
  • Sub20: R.C.Celta (1984/85/92) San Miguel de Oia (1995) C.A.Sierra Narón (1997) Vila de Cangas (1999) Comesaña S.C. (1994)
  • Sub18: R.C.Celta (1980/81/82/83/96) Vila de Cangas (1999)
  • Sub16: Val Miñor (2009) Atlética Lucense (2021)

Equipos galegos gañagores do Campionato de España na categoría masculina

  • Absoluta: R.C.Celta (1968/69/70/71) New Balance (1995/96)
  • Sub23: San Miguel de Oia (1988/1989/1990/1991/1992/1993) Ourense Atletismo Academia Postal (2007)
  • Sub20: R.C. Celta (1968/1980) Sociedad Atlética de Vigo (1969) San Miguel de Oia (1987/88/89/91/93/94)
  • Sub18: R.C. Celta (1967/71/78/79) San Miguel de Oia (1985) S.Gimnástica (1997) Vila de Cangas (1998) Mercantil de Vigo (1999)

Foto Miguélez (RFEA)

O artigo O equipo feminino do ADAS CUPA, campión de España Sub23 de campo a través publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O equipo feminino do ADAS CUPA, campión de España Sub23 de campo a través

Mas noticias relacionadas