Publicado por: Ourense Atletismo
O equipo feminino do Club Ourense Atletismo competirá esta fin de semana na localidade alicantina de Torrevieja. A X edición do Campionato de España de Clubs Sub14 agarda á nosa canteira no que sen dúbida será unha importante experiencia de aprendizaxe.
O equipo estará composto polas atletas Naia Bermejo, Xiana Ortega, Usúe Bernárdez, Carla Nieto, Ana Sierra, Paula Carrión, Lucía Quintas e Sheila Varela. A pesar de que foron estas as seleccionadas, non nos podemos olvidar daquelas rapazas que dándoo todo nos adestramentos tiveron que quedar fóra. O mesmo podemos decir dos rapaces, que sen ter todavía o nivel adecuando para acudir ao campionato sub14, estamos seguros que nos depararán grandes resultados no futuro se conseguimos pola nosa parte que sigan tan motivados como o están agora.
O campionato podersase seguir en directo a través do streaming de LaLiga+
La entrada O EQUIPO SUB14 COMPITE EN TORREVIEJA apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: O EQUIPO SUB14 COMPITE EN TORREVIEJA