O mes de xuño acolle a XLIII Copa Deputación de Ourense

Publicado por: F.G. Atletismo

A Federacion Galega de Atletismo co patrocinio da Deputación de Ourense está organizando este ano 2026 a XLIII Copa Deputación Ourense que ao longo de catro xornadas se estará desenvolvendo polos Concellos de Pereiro de Aguiar, Esgos e O Barco de Valdeorras.

A primeira xornada inaugural, desenvolvíase o pasado 5 de xuño na que os máis pequechos e pequechas das categorías Sub10 e Sub12 tiveron oportunidade de tomar parte nesta importante iniciativa baixo unha gran partipación de clubs e entidades deportivas.

Ao longo de todo este mes de xuño, este formato continuará xuntando a varios milleiros de participantes de todas as categorías no desenvolvemento de varias modalidades e especialidades.

As seguintes citas serán:

Valoración moi positiva por parte da Federación Galega

Para Iván Sanmartín, Presidente da Federación Galega de Atletismo “É moi importante para nós a involucración e compromiso das instucións públicas na práctica e desenvolvemento do noso deporte. Afortunadamente, contanos cun gran apoio das mesmas, que nos permiten desenvolver actividades e proxectos de todo tipo, como esta Copa Deputación de Ourense. Queremos dar as gracias por todo o seu apoio ao organismo provincial ourensán, con quen mantemos aberta unha moi fructífera línea de traballo, colaboración e entendemento”

 

O artigo O mes de xuño acolle a XLIII Copa Deputación de Ourense publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O mes de xuño acolle a XLIII Copa Deputación de Ourense

Mas noticias relacionadas