O Nacional Sub-16 de Sabadell recibirá ós nosos atletas

Publicado por: F.G. Atletismo

No último treito do mes de marzo, Sabadell acollerá os vindeiros días 17 e 18 o último gran Campionato de España da modalidade que terá como protagonistas ós atletas Sub-16.

Un total de 800 atletas de todo o estado acudirán a cidade catalana entre os que se atopan 28 atletas galegos logo de que recentemente disputaran o seu autonómico en Ourense como último ensaio previo a esta importante cita nacional.

Entre as que acudirán a Sabadell destacamos a Belén García do ADAS Proinor quen tomará parta na proba dos 60 m.v. ca terceira mellor marca por ránking grazas ó seu fantástico récord galego batido recentemente no autonómico con 8.91. Nesta mesma proba tamén participará Lucía Dopico do A.F Celta así como os homes Aitor Fernández da A.Lucense (quen tamén concursará en pértega) e Luan Henrique do ADAS Proinor.

Na velocidade Erik Fernández do Celta, acode con 7.43 e pelexará por facer un bo papel nunha difícil proba como son os 60 m. Xunto el tamén estará na liña de saída o atleta David Ngwudile do San Miguel de Oia quen repetirá nos 300 m. acompañado a Aleix Díaz da A. Lucense.

Nos 600 m. Ainara Rodríguez do Maderas Barcia Lourenzá podería estar na loita polas medallas grazas a ese rexistro de 1:38.76. e na que xunto ela tomarán parte Carmen Victoria González do Franciscanos e Inés do Campo do ADAS-Proinor. Pola súa banda Alvaro López do Franciscanos tentará mellorar esos 1:29.21  que ten acreditados este ano.

Unha proba interesante será a dos 1.000 m. na que se atopan inscritos os atletas Lope Quinteiro do Vila de Cangas (quen tamén tomará parte en peso) con 2:40.24 e cuxo rexistro representa a segunda mellor marca do ránking nacional así como a de Iker González do Franciscanos con 2:40.73 e que da mesma maneira, representa a quinta do ránking. Os celestes Pedro Vázquez con 2:43.41 e Hugo Suárez con 2:46.03 así como Yago Bort do Coruña Comarca con 2:46.95 completan ese grupo de atletas participantes. Na categoría feminina tomarán a saída nesta mesma proba Antía Castro do Ourense Atletismo, Inés do Campo do ADAS Proinor e Antía Prieto do C.A. A Estrada, así como as atletas que competirán no 3.000 m. Lucía Varela do Friol e Isabel Caeiro do Franciscanos.

Na categoría masculina dos 3.000 m. importante presencia de Hugo García da Gimnástica quen nos deixaría unha excepcioal sensación no autonómico ó establecer un rexistro de 9:01.77 que o colocan no primeiro posto do ránking de maneira moi destacada. Xunto el estarán Martín Rivera do Ourense Atletismo e Antón Martínez da Atlética Lucense.

Nos concursos de altura e pértega contarase ca presenza de Lucía Couselo do Riazor Coruña e de Lola Bouza do ADAS Proinor quenes loitarán para mellorar esas marcas de 1.80 m. e de 3.00 m. respectivamente. Xa no concurso de triplo a santiagesa do Universidade María Rúiz andará na procura de superar esos 10.58 m. que ten como rexistro deste ano.

No peso, de novo duelo vibrante o que manterán Paula Piñón do Friol con 11.47 m. e Antía Sestelo do A.F Celta con 11.34 m.

Por último na proba de combinadas tomarán parte as atletas do Franciscanos Carmen Victoria González e Lucía Sánchez.

Inscritos/as galegos/as no Nacional Sub-16 PC

Regulamento do Campionato

Foto: Fotocarlografias.com

O artigo O Nacional Sub-16 de Sabadell recibirá ós nosos atletas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O Nacional Sub-16 de Sabadell recibirá ós nosos atletas

Mas noticias relacionadas