O podio galego dos 5K agarda en Oroso

Publicado por: F.G. Atletismo

O concello de Oroso acolle este domingo o XVIII Campionato Xunta de Galicia de 5K en ruta que contará ca participación de preto de catrocentos atletas das categorías Sub18, Sub20, Sub23, absoluta e máster.

Sobre a línea de saída que será as 11.30 horas, estarán tomando parte os mellores especialistas galegos e galegas do momento entre os que destaca o campión autonómico de cross deste ano David de La Fuente do Playas de Castellón quen se perfila como un dos claros aspirantes ao titulo galego absoluto. Xunto ao finalista do pasado campionato de España indoor, o internacional e plusmarquista de España Alex Sierpes do Vicky Foods, intentará defender o seu título.

A categoría femina estará bastante máis aberta ca presenza de catro atletas con rexistros por debaixo dos dazanove minutos e na que a priori Mullenehs Porteiro da Gimnástica de Pontevedra xunto con Begoña Domínguez do Sanysec-Ourense, poderían estar na loita polos postos importantes do campionato.

A maiores, no resto de categorías, contaremos ca presenza das campioas galegas e galegos da pasada edición de O Barco, Christian Sierpes do Vicky Foods na Sub20; Helena Celeda do Ría de Foz na Sub23; Almudena López do At. Bergondo na F40; Loreto Sambade do Triki Team na F50; Manuel Suárez do Vet. de Samil na M65 e Mari Carmen Rodríguez do SD Compostela At. na F70.

De igual modo estarán participando na cita algúns dos gañadores e gañadoras do  Campionato de España de 5K celebrado en Bertamiráns no 2025 entre os que figuran Juan Antonio Gude do Lucus Caixa Rural na M50; Jose Suárez Leis do SD Compostela na M60 e Xosé Lois Otero do C.A.Santiago na M70

Máis info

O artigo O podio galego dos 5K agarda en Oroso publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O podio galego dos 5K agarda en Oroso

Mas noticias relacionadas