O Trofeo ABANCA converteu a Expourense nunha gran festa deportiva

Publicado por: F.G. Atletismo

Fantástica xornada de formación e de competición a que poidemos presenciar esta fin de semana durante a celebración do Trofeo ABANCA disputado para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14.

Cunhas bancadas ateigadas dun público entusiasta, fórense desenvolvendo as distintas probas nas que unha vez máis os protagonistas foron os atletas.

Éxito participativo de atletas, clubs e público.

Na categoría Sub10 foi a Escola atlética Lucense quen se fixo cos títulos por equipos tanto na categoría masculina como na femenina. O Atletismo Narón sumaba o subcampionato en homes e o terceiro posto en mulleres. O resto de posicións de podio corresponderon á Gimnástica de Pontevedra segundas en mulleres e ao Franciscanos de Lugo, terceiros en homes.

Na categoría Sub12 o Vila de Cangas lograba un novo título feminino ao seu palmarés que o siguen convertendo no equipo con máis triunfos neste torneo (11) Acompañando ao clube amarelo estiveron as formacións do Atletismo Sada e o Lucus Caixa Rural. Nos homes o trofeo viaxou ata o Barco da man do ADAS CUPA quen suma o seu noveno título no seu curriculu, sendo segundo o Vila de Cangas e terceiro o Atletismo Narón.

Por último, na xornada de tarde o torneo estivo centrado na categoría Sub14 na que a nivel individual, compre salientar as mellores marcas autonómicas realizadas Alejandro Freire do Coruña Comarca nos 500 m. con 1:15.84 e por Iago Gómez da Gimnástica sobre os 60 valos con 8.96.

No tocante á clasificación masculina por clubs, a Gimnástica de Pontevedra lograba o triunfo seguido polo Real Club Celta e polo Atletismo Sada na terceira posición. En mulleres moitísima emoción ao longo de toda a xornada cuxo resultado final decidiuse nos relevos e que deixaba ao A.Femenino Celta por diante do Atletismo Sada por tan só medio punto. O equipo pontevedrés da Gimnástica lograba terceiro posto do caixón.

 

O artigo O Trofeo ABANCA converteu a Expourense nunha gran festa deportiva publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O Trofeo ABANCA converteu a Expourense nunha gran festa deportiva

Mas noticias relacionadas