Derrota do Xuvenil "C" nun mal partido

Publicado por: Pabellon C.F.

Un gol a falta dun minuto para o descanso abriría o camiño do triunfo para os locatarios, que á volta de vestiarios despois do descanso incrementarían a vantaxe co segundo gol aos dous minutos, para deixar encarrilado o choque cun terceiro tanto cinco minutos despois por medio dun penalti. Posteriormentem chegaría o cuarto e definitivo. Os pabellonistas, que tiveron un mal día, apenas levaron perigo á meta local durante os noventa minutos de xogo. Ver ficha técnica

O equipo ocupa a sétima praza do Play Off con 16 puntos a cinco xornadas do final desta competición. Ver clasificación.


Enlace con la noticia original: Derrota do Xuvenil "C" nun mal partido

Mas noticias relacionadas