O vento bótalle un pulso á segunda xornada do Circuíto de Atletismo en Pista

Publicado por: S.G.Pontevedra

O XLVII Trofeo SGP, segunda xornada do Circuíto de Atletismo en Pista, celebrouse o 18 de maio no CGTD de Pontevedra. O conxunto de eventos están organizados pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra, da man do Concello de Pontevedra e grazas ao patrocinio dos Supermercados FROIZ.

As condicións meteorolóxicas, especialmente o vento, provocaron a invalidación de moitas marcas das probas de velocidade, dos 100ml e dos 200ml. Nesta última proba houbo dous rexistros por debaixo de 22 segundos na proba masculina, pero cun tempo de +3.9. Esa situación climática tamén dificultou nos concursos de salto de altura e triplo salto.

Destacaron os rexistros de Sabela Martínez nos 1000ml sub14 e sub16, que baixou a barreira psicolóxica dos tres minutos ao parar o cronómetro en 2:54.64. Nesa mesma disciplina, boas marcas tamén para outras atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra como Paula Torres e Noelia Quiñones.

A nivel absoluto sobresaíu como atleta do club Pablo Otero nos 800ml. A pesar de ser unha proba na que non está acostumado a competir, o atleta afincado en Cantabria, impúxose con 1:55.31.

A seguinte xornada do Circuíto de Atletismo en Pista será o mércores, 31 de maio. Trátase do XXVIII Trofeo Cidade de Pontevedra.


Enlace con la noticia original: O vento bótalle un pulso á segunda xornada do Circuíto de Atletismo en Pista

Mas noticias relacionadas