Os lanzamentos acaparan protagonismo na fin de semana

Publicado por: F.G. Atletismo

Nesta fin de semana o sector de lanzamentos será quen conte cunha destacada actividade autonómica ca disuta, tanto o sábado en Pontevedra, do Campionato de Galicia de Péntatlon máster, como a do Campionato de Galicia Sub18 e Sub16 o domingo en Vilagarcía.

A primeira das citas, acude un destacado número de lanzadores entre os que cabe subliñar a presenza da catro veces olímpica Felicea Tilea quen tomará parte na categoría F50.

A internacional e múltiple campioa de España Emilia Mesa será outra das destacadas atletas que tome parte na categoría F65 ó igual que a campioa do mundo en xavelina María de los Angeles Rodríguez de A Silva na categoría máster F60.

Os irmáns Carlos Alberto e José Manuel Almudí, Manuel Penas do C.A.Sada, Xulio Ventín da Gimnástica e Carlos Ferrer do Narón entre outros, serán quenes completen a relación de inscritos neste campionato.

Continuando ca fin de semana e xa no domingo, teremos a oportunidade de seguir moi de preto as evolucións das/os xóvenes valores emerxentes neste sector tan importante para o noso atletismo, da man dos participantes no Campionato de Lanzamentos longos Sub16 e Sub18.

Nesta cuarta edición contaremos ca presenza nas xavelinas de Daniel Loureiro de A Silva, Dani Mato do C.A.Santiago e a de Antía Sestelo e Laura Rico do RIA Ferrol, atleta esta última quen tomará parte de igual modo no concurso de disco.

O círculo de martelo estará ocupado polo céltico Erik Méndez e Hugo Fernández do Atletismo Sada na categoría masculina, así como a de Blanca Pereira e Marta Neira do Ourense e AVA respectivamente na feminina, como máis destacados e destacadas.

Para rematar na proba de disco figura inscrito como principal favorito Bran Núnez do atletismo Morraz, e a os/as lucenses da Escola Atlética Victoria Eiriz e Nicolás Arias.

 

O artigo Os lanzamentos acaparan protagonismo na fin de semana publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Os lanzamentos acaparan protagonismo na fin de semana

Mas noticias relacionadas