Os lanzamentos foron os protagonistas na fin de semana

Publicado por: F.G. Atletismo

Disputouse esta fin de semana unha dobre xornada de campionatos galegos no sector dos lanzamentos.

O primeiro deles tivo por escenario as pistas lucenses do Gregorio Pérez Rivera na que se estivo disputando na xornada do sábado o Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos longos máster.

Durante o mesmo o máis salientable foron os novos récords galegos de martelo pesado logrados por Bea Viteri do Samertolameu na categoría F35 con 9.33 m.  e por Myriam Vázquez do CD La Purísima na F55 con 11.19 m.

Compre mencionar a presenza e participación de Jose Almudí quen con máis de 85 anos, tomaba parte neste campionato logrando os título de campión galego en martelo de 3 kg. con 26.66 m. e martelo pesado con 11.19 m.

Xa na xornada do domingo, eran as pistas Universitarias da USC quenes recibían aos participantes no Campionato Xunta de Galicia absoluto e sub23 de lanzamentos longos que deixaban os seguintes novos e novas campioas galegas:

  • Disco Absoluto. Mar Simón (Celta At.) con 42.07 m. e Marcos Bouza  (At. Albacete) con 46.51 m.
  • Disco Sub23. Xiana Lago (Ría Ferrol) con 41.81 m. e Diego Martínez (S.Gimnástica) con 32.27
  • Martelo absoluto. Victoria Eiriz  (At. San Sebastián) con 47.15 m. e Patricio W. Palma (A.D. Limiactiva) con 54.74 m.
  • Martelo Sub23. Alba Arranz (Sanysec-Ourense) con 38.92 m. e Daniel Villanueva (Sanysec-Ourense) con 52.38 m.
  • Xavelina absoluta. Dayanis R. Escorcia con 34.84 m. e Jonathan Correa (S.Gimnástica) con 55.75 m.
  • Xavelina Sub23. Dayanis R. Escorcia (Lucus CRG) con 34.84 m. e Alejandro Barbeito (C.A.Sada) con 50.59 m.

Resultados Máster

Resultados absoluto e Sub23

O artigo Os lanzamentos foron os protagonistas na fin de semana publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Os lanzamentos foron os protagonistas na fin de semana

Mas noticias relacionadas