Os logros do atletismo galego falan feminino

Publicado por: F.G. Atletismo

La Nucía será escenario esta fin de semana da edición número sesenta e dous correspondente ós Campionatos de España de Atletismo Absolutos.

Ó longo de todas estas edicións, moitos/as teñen sido as/os atletas galegas/os quenes tomarían parte nos mesmos. De todos eles tan só algúns tiveron o privilexio de subir ó podio e experimentar esa indescritible sensación de formar parte dunha elite moi selecta, pero por riba de todos eles, atópase un reducido grupo de deportistas quenes polos seus logros e resultados entraron a formar parte da historia viva deste evento deportivo.

Imos precisamente centrarnos neles/as e dar un repaso ó numero de medallistas galegas/os que nestes anos teñen acadado como mínimo cinco títulos nos campionatos de España absolutos de aire libre excluindo desta relación, os Campionatos de España de relevos, ruta e marcha e lanzamentos de inverno.

Para comezar, a mítica atleta ourensá José Fina Salgado con doce medallas de ouro, encabeza a lista na relación de atletas galegos e galegas con máis títulos nuns campionatos de España. Dela  serían os tres títulos na proba dos 200 m. dos anos 1970, 1971 e 1974; seis títulos nos 400 m. nos anos 1966/67/68, 1970/71 e 1973; dous os 800 m. nos anos 1967 e 1973 e un na lonxitude no ano 1974. Todo un referente do atletismo feminino quen nos anos 60 e 70 acadaría as plusmarcas nacionais de 200 m.; 400 m.; 800 m.; 400 valos así como de relevos 4×400 e de 3×800 metros o que lle valería para ser internacional en quince ocasións.

Angeles Barreiro é con once títulos a atleta que continúa nesta relación. Os seus éxitos virían da man do concurso de disco nos anos 1985 ó 1992 e nos anos 1994 a 1996. Detrás da coruñesa atópase outro lanzador de disco,  David Martínez quen na década dos anos noventa sería o gran dominador da proba o que lle permitiu acadar dez títulos: 1987 ó 1992 e de 1994 a 1996. Sen sair dos lanzamentos e compartindo igual número de ouros e de importancia atopamos a Gustavo Dacal,  campión de España nos anos 1999, 2000 e do 2002 ó 2009.

Estela Estevéz sitúase nesta relación cun total de oito trofeos nacionais gañados nos anos 1989/90 e 1993/94 nos 3000 m. e nos anos 1989 ó 1992 sobre os 5.000 m.

Continuando cos galegos e galegas nesa relación, atopámonos con outro dos importantes do noso deporte, o vigués Javier Álvarez Salgado quen conseguiría un total de sete títulos: cinco ouros nos 5.000 nos anos 1966 ó 1968 e 1972,1973 e dous nos 3.000 obstáculos 1965 e 1966. O cántabro de nacemento pero galego de formación Julián Sotelo, estaría tamén sete veces no podio na proba de xavelina nos anos 1986, 1988, 1990 ó 1992, 1994 e 1995.

Ramón Magariños con tres ouros nos 100 m.(1967 ó 1969); dous nos 200 m. (1968/69) e un nos 400 m. no ano 1966, así como David Gómez en combinadas (2004, 2007/08, 2011,2012 e 2013) figuran de igual modo nese grupo de históricos. Outro dos referentes do deporte feminino galego Julia Vaquero gañaría tanto as probas dos 3.000 m. (1991 e 1992 ) como a dos  5.000 m. (1993 e 1996) para rematar sobre a dos 10.000 m. no ano 1998

Por último e pechando esta lista con cinco figuran Alejandro Gómez nos 10.000 m. (1989, 1991, 1993,1995/96); Marta Miguez na xavelina (1998 ó 2002) e Jean Merie Okutu, na lonxitude (2009, 2011, 2013, 2016 ó 2018)

O artigo Os logros do atletismo galego falan feminino publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Os logros do atletismo galego falan feminino

Mas noticias relacionadas