
Publicado por: Ourense Atletismo
A carreira popular máis importante da cidade saldouse con seis triunfos de atletas do Ourense Atletismo.
En categoría absoluta os mellores resultados foron para Martiño Míguez en homes con 00:32:53 (17º) e Itziar Manso en mulleres con 00:36:23 (6ª).
Begoña Domínguez lograría a vitoria en categoría F40 con 00:37:40, ao igual que Ana Isabel Soutullo en F45 con 00:40:34, sendo o gañador en M45 Javier Paredes con 00:33:50 , acompañado no podio de Rubén Diz, terceiro con 00:34:09. Saturnino González foi segundo en M60 con 00:37:01.
Como mellores ourensáns remataron Itziar Manso e o exourensanista Álex Fernández. Begoña e Leyla Villar tamén subirían ao podio.
Na carreira de 4.5K, venceu en Sub18-F Sabela Castelo con 00:15:43, seguida de Susana Padrón 00:18:18 e Aloia Sabucedo (00:18:41). En Sub18 masculino Mario Lorenzo foi segundo con 00:14:57. Na categoría Sub16 Usúe Bernárdez venceu en categoría feminina con 00:17:23.
Na distancia de 1,1K, dobrete con Noa Salgado 00:05:00 e Olivia Currás (00:05:09). En homes sub10 Alejandro Cid fio terceiro con 00:04:51.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
XLVIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño
La entrada SEIS TRIUNFOS NA SAN MARTIÑO apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: SEIS TRIUNFOS NA SAN MARTIÑO


