OS MÁIS CATIVOS COMPITEN EN BALAÍDOS

Publicado por: Ourense Atletismo

Os máis cativos do club competiron na pista de Balaídos nos Campionatos de Galicia sub10 e sub12 de clubs.

En categoría sub12 os nenos remataron en 11ª posición con 61 puntos e as nenas foron sextas con 62.

Só se obtivo o primpeiro posto de Ada Cecila Outeiriño no salto de lonxitude, cun mellor salto de 3.83 metros. Cuartas posicións logaron Álex Cid nos 500 metros con 1:33.09 e Rodrigo Cordero nos 60 metros con 9.35. Tamén cerca do podio quedaron Marta Domínguez en altura con 1.23, Saúl Rubín nos 2.000 marcha con 13:50.62 con sendas quintas prazas.

En sub10 o equipo masculino foi terceiro, igualando os puntos co primeiro e que segundo clasificado, posto que terminariamos Pinarium, Mallaraio e Ourense Atletismo con 53 puntos.

Venceron Martín Gómez os 50 metros lisos con 8.01 e Maeloc Barreiro en lonxitude con 3.83. Enzo Blanco obtivo a segunda posición con 1:37.89. Alejandro Cid foi terceiro no 1.000 con 3:42.40, así como Luca Mazaira en pelota (200 gr.) con 23.02 e Antón Braña do filial Xuncas nos 1.000 marcha con 7:44.37.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

XIII CTO. XUNTA DE GALICIA DE CLUBS SUB 10

XIII CTO. XUNTA DE GALICIA DE CLUBS SUB 12

La entrada OS MÁIS CATIVOS COMPITEN EN BALAÍDOS apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: OS MÁIS CATIVOS COMPITEN EN BALAÍDOS

Mas noticias relacionadas