Publicado por: Ourense Atletismo
Cinco foron as medallas conseguidas polo Ourense Atletismo no Campionato Galego Sub14. Cunha importante presenza de atletas ourensanistas no campionato, lográronse os metais tanto en concursos coma en carreiras.
En categoría masculina, Aroi Fernández venceu no lanzamento de xavelina (500 gr.) con 27.41 e rematou en terceira posición nos 1.000 obstáculos cun rexistro de 3:30.68; Marco Pereira venceu na pértega con 2.70, Mauro Díaz foi terceiro en lanzamento de martelo de 3kg con 28.41.
En categoría feminina a única medalla foi para Alba Quintana-Fernández, quen venceu no salto de altura cun mellor salto de 1.48.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
XXXIV Campionato Xunta de Galicia sub-14
La entrada CINCO MEDALLAS NO GALEGO SUB14 apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: CINCO MEDALLAS NO GALEGO SUB14