
Publicado por: Ourense Atletismo
O Trofeo Abanca ou Campionato Galego de Pista Curta en Idade Escolar recolle os campionatos galegos sub10, sub12 e sub14. O Ourense Atletismo tivo unha importante participación e obtivo o primeiro posto cos nenos sub10.
A vitoria destes cativos foi pola mínima, cun total de 42 puntos fronte os 41 do Pinarium e os 40 do Millaraio. Quedaron en primeria posición Martín Gómez nos 50 lisos con 7.97, Maeloc Barreiro en lonxitude con 3.76 e o conxunto de 4×50 con 35.98. Terceira parza obtiveron Enzo Blanco no 500 con 1:41.02 e Alejandro Cid no 1.000 con 3:41.90. Completaron a puntuación Saúl Carril na altura sendo cuarto con 1.10 e Luca Mazaira quen foi oitavo en peso con 6.80.
En categoría sub14 os homes conseguiron a sétima posición con 39 puntos. A única vitoria foi para Marco Pereira en pértega con 2.75. Erik Moreno, do filial Xuncas, foi terceiro no triplo salto con 9.03.
As rapazas sub14 foron quintas con 51 puntos, a catro puntos do podio. As vitorias chegaron da man de Alba Quintana-Fernández en altura con 1.50 e de Naomy Jiménez en 500 con 1:28.01. En terceira posición quedaron Lucía Losada nos 1.000 metros con 3:28.45 e NinaVillar nos 2.000 con 7:28.47.
Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:
TROFEO ABANCA 2025 PISTA CURTA SUB10
TROFEO ABANCA 2025 PISTA CURTA SUB14
La entrada OS MÁIS CATIVOS VENCEN NO TROFEO ABANCA apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: OS MÁIS CATIVOS VENCEN NO TROFEO ABANCA


