
Publicado por: Ourense Atletismo
O equipo feminino sub16 do Club Ourense Atletismo gañou o Campionato de Galicia de Clubs Sub16 en Pista Curta celebrado na pista de Expourense.
A vitoria das mulleres foi abultada cun total de 72 puntos, sacándolle 11 puntos ás segundas clasificadas, Atl. Feminino Celta e 14 puntos ao Club Atletismo Narón. As vitorias individuais foron de Naia Bermejo en pértega con 2.90 e Claudia Pérez nos 3.000 con 10:51.12. Houbo catro segundas prazas, con Adriana Ferreiro (do filial A Silva) en lonxitude con 4.84, Carla Pintor (do filial A Estrada) nos 300 lisos con 43.12, Usúe Bernárdez nos 1.000 con 3:06.26 e Sheila Varela no triplo con 10.08 metros.
Os homes remataron en cuarta posición, a cinco puntos do podio, cuxa terceira praca ocupou o Atletismo Narón. Ao igual que coas mulleres, houbo dúas vitorias individuais: Pelayo Freire (do filial Xuncas) na pértega con 3.20 e Adrián Paz (do filial Riazor) nos 1.000 metros con 2:43.88. Sen ninguén que ocupase segunda praza, sí obtivemos varios terceiros postos: Ángel Araújo no salto de altura con 1.68, Enol Lorenzo en triplo con 11.90 e Mario Casal en peso con 12.79.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
CTO. XUNTA GALICIA CLUBS SUB 16 PC
La entrada AS SUB16 CAMPIOAS DE GALICIA apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: AS SUB16 CAMPIOAS DE GALICIA


