Os máster e os Sub16 ante os seus nacionais

Publicado por: F.G. Atletismo

Victoria dará acollida os 2097 atletas que durante os días 29 de xuño ó 01 de xullo, tomarán parte no Campionato nacional máster de Aire libre.

A nosa comunidade acude cun total de 78 representantes tomando parte, entre outros, algúns dos medallistas do último  campionato de Europa de pista cuberta que se desenvolvería en Madrid o pasado mes de marzo. Entre elas Esther Pedrosa do Universitario de Santiago na W55 competirá nas probas de 1.500 m. e 5.000 m. Emilia Mesa do Ourense Atletismo na W65 será outra das protagonistas completando os tres lanzamentos de peso, xavalina e disco. As probas de velocidade dos 100 m. e dos 200 m. M35 contarán ca presencia de Miguel Gómez do Real Club Celta ó igual que os valados baixos contarán con José Miguel Cordal do Marineda A. na M60

Por último José Vicente Rioseco, o plusmarquista mundial na M75 tanto dos 800 pista cuberta como nos 1.500 m., figura inscrito nesta última proba.

Si todo esto acontecerá en Castellón, a preto de 530 km de distancia os Sub16 desenvolverán nas pistas de Mendizorroza de Vitoria o seu campionato número dazasete á que acuden preto do 80 atletas galegos.

Entre eles destaca a presencia no sector de velocidadede Jorge Román do Real Club celta quen sairá na proba dos 300 m. No medio fondo e fondo Carmen Vitoria González do Franciscanos de Lugo tomará parte nos 600 m.l. ó igual que Lope Quinteiro do Vila de Cangas nos 1.000 m. con claras opcións de medalla

Nos valados Belén García do ADAS Proinor intentará poñer remate a esta fantástica tempada co título nacional nos 300 m.v.

No concurso de saltos tanto Aitor Fernández da Atlética Lucense en Pértega como Alba Cuns  do C.A. Negreira en triple,  intentará mellorar as súas marcas sen descartar nengunha sorpresa.

Xa nos lanzamentos estaremos pendentes tanto das evolucións de Antía Sestelo do A.F. Celta e de Victoria Eiriz da Atlética Lucense en peso, como a de Nicolás Ortega do Coruña Comarca en disco, quen loitará a priori pola prata.  Paula Piñón do Friol no lanzamento de disco así como Laura Tilde e Marta Neira en martelo, completarán esta especialidade. Atención a xavalina ca presenza novamente de Antía Sesetelo favorita ó titulo, que estará acompañada por María Pena do Clube A Silva e de Paula Piñón do Friol

Eric Méndez acaparará o protagonismo no concurso de martelo ó ter todas as papeletas para proclamarse campión nacional. Interesante será ver na loita polas medallas o tamén celeste David García e non menos a Daniel Mato do Millaraio en xavalina, na que acude co segundo mellor rexistro dos inscritos.

Por último na marcha destacada presencia do representante da Atlética Lucense Mateo Díaz e de Ana Piñeiro do Vila de Cangas

Incritos Master

Inscritos Sub16

O artigo Os máster e os Sub16 ante os seus nacionais publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Os máster e os Sub16 ante os seus nacionais

Mas noticias relacionadas