Os Sub14 pelexarán este domingo polas medallas do seu autonómico

Publicado por: F.G. Atletismo

As pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera acollerán este domingo a disputa do Campionato Xunta de Galicia Sub14 á que acuden un importante número de atletas na procura dos disputados postos de podio.

Entre as probas que poderemos presenciar destacan as de velocidade na que contaremos ca participación da atleta do At. Barbanza Sofia Paz quen aspira a domiñar a velocidade galega, participando como favorita nos 80 m. e dos 150 m.

Na categoría masculina, estará sobre o medio quilómetro o atleta do Bedade Rubén Vázquez quen acude cunha das mellores marcas nacionais do ano de 1:17.50. En mulleres o papel de favorita será para Sara Pérez de A Gándara grazas aos seus 1:22.42.

O máis destacado nos valos correrá a cargo de Iago Gómez da Gimnástica que acude cun crono de 11.84. Na categoría feminina interesante carreira a que manterán nos 220 valos Matilda Veiga do Pinarium, mellor marca das participantes con 34.54, e Carla Espín do Xuncas Diversia.

Xa nos obstáculos, estaremos pendentes do que poidan facer tanto Martín Otero do Pinarium quen acredita este ano 3:13.62 como Naiara López do Compostela Atletismo con 3:36.62, atleta esta última, que tamén parte como favorita no concurso de altura. Sobre este mesmo listón agárdase unha interesante disputa entre Andrés Álvarez do ADAS CUPA con 1.59 m. e Eloy Fernandez da Piringalla, cun centímetro menos.

Nos lanzamentos, e principiando polo peso, María Alvaredo da At.Lucense intentará rachar a barreira dos nove metros da que tan só lle separan dous centímetros sendo en homes Martín Chico do Celta, quen parta ca mellor marca de 11.89 m.

Atención á participación da líder nacional da modalidade en disco Angela Lendoiro do At. Narón que ven cun mellor lanzamento este ano de 32.19 m. e que intentará mellorar en Lugo. Pola súa banda Lucas Costas do Beade con 33.59 m. parte como serio aspirante ao título autonómico.

No martelo contaremos tanto con Alba Santomé do Samertolameu con 30.81 m. como con Alan Cadavid do Ames Atletismo, atleta este último, que buscará lanzar por riba do seu rexistro de 46.86 m.

A xavelina feminina terá na líder autonómica Gabriela Bouzada do Atletismo Feminino Celta con 36.36 m. a clara favorita ao campionato.

Para rematar, serán as atletas da At.Lucense Alba Váquez e Sara Cabado quenes a priori estarán na loita directa pola medallas na proba dos 3.000 marcha

O artigo Os Sub14 pelexarán este domingo polas medallas do seu autonómico publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Os Sub14 pelexarán este domingo polas medallas do seu autonómico

Mas noticias relacionadas