Os Sub16 pechan a pista cuberta en Sabadell

Publicado por: F.G. Atletismo

A última gran cita da pista cuberta a nivel nacional da tempada, chega esta fin de semana ca disputa do Campionato de España Sub16 que desenvolverá a instalación cuberta de Sabadell

Varias/os serán as/os atletas da nosa comunidade que tomen parte neste campionato. Entre eles se atopa Pedro Vázquez do Real Club Celta, claro favorito a facerse co título nos 3.000 m. grazas ó seu rexistro de 9:01.01 que o sitúan de líder nacional. Xunto el estará compitindo Antón Martínez da Atlética Lucense, que terá como un dos seus obxectivos ós postos importantes da proba. A lucense Xela Martínez será outra das destacadas sobre o sector de mefiofondo e fondo, tomando parte nos 1.000 m.

Luan Henrique do ADAS Proinor  intentará estar en postos de finalista nos valos ó igual que Aarón Otero do Vila de Cangas no concurso de peso onde ten acreditados 13.76 m.

No concurso de altura a tamén lucense do Franciscanos Enma Sighuang Pérez,  loitará por mellorar o seu rexistro personal de 1.61 m. o que podería colocala na loita directa polos metáis. Da mesma maneira, agárdase un bo concurso en peso de Xiana Lago da A.Deportiva Olimpia onde loitará por mellorar os seus 11.87 m desta tempada.

Lucia Sánchez del Valle que está a facer unha excelente tempada invernal, centrarase nas combinadas onde conta con serías posibilidades de ser medallista grazas ós seus 3.216 puntos.

Por último a proba de triplo terá en Alba Cuns do Atletismo Negreira a súa protagonista. O posto no ranking nacional, que lidera con 11.72 m., e a súa regularidade, na que conta as súas actuacións por victorias este ano na pista cuberta, fan dela unha seria candidata ó titulo de campioa nacional.

Campionato de España de Pista Cuberta Sub16 2018

O artigo Os Sub16 pechan a pista cuberta en Sabadell publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Os Sub16 pechan a pista cuberta en Sabadell

Mas noticias relacionadas