Os Sub23 regresan de Sabadell con cinco metais

Publicado por: F.G. Atletismo

Cinco medallas, e tres postos de finalistas foi o balance logrado polos atletas galegos que estiveron tomando parte durante esta fin de semana no Campionao de España Sub23 de pista curta que se celebrou en Sabadell.

Dúas medallas no concurso de peso

A primeira delas tivo por protagonista ao plusmarquista galego Fernando Vallines. O da Lourenzá, actuando nun concurso moi igualado, tivo que agardar ata o quinto lanzamento para situarse líder con 17.34 m. posición que apenas conservaba uns minutos xa que na seguinte rolda, foi superado por tan só dous centímetros deixandoo definitivamete na segunda posición. Pola súa banda a internacional do RIA Ferrol Xiana Lago tivo que agardar ata o cuarto lanzamento para marcar a súa mellor marca de sempre con 14.54 m., que ademáis lle permitiron amarrar un extraordinario metal de bronce.

Nos valos un gran David Vicente daba outra fantástica alegría ao atletismo galego. O pontevedrés, que volve novamente a estar entre os mellores, fixo un excelente campionato nas roldas previas que o deixaban na final con opcións de medallas. Novamente unha boa carreira fixo que rematara no terceiro lugar,  a piques de baixar dos oito cunha MMP de 8.07.

No concurso de pértega, novo metal para a saltadora do Sanysec-Ourense Manuela Blanco. A campioa de España Sub20 continúa sumando podios. Desta vez foi unha medalla de bronce o que traería de volta, logo de realizar tan só cinco saltos 3.62 (0), 3.72 (0) e 3.77 (XXX).

A última das medallas foi do sector de combinadas onde un gran Xoel Otero asinaba un total de 5201 puntos que lle daban o metal de prata. O atleta da A.A.Mazí dominou tanto o concurso de lonxitude como a proba dos valos, especialidae esta última, que lle reportaba a maior puntuación.

Foron igualmente salientables os postos de finalistas logrados por Imanol Loureiro do Riazor Coruña quen remataba cuarto no concurso de lonxitude,  así como as sétimas posicións de Lisa Volsberg do Celta At. en pértega e de Pilar Rojo do Riazor Coruña nos 1.500 m.

Actuación galega

  • 60 m. Elim. 7.01 Mauro Vázquez (S. Gimnástica)
  • 200 m. Smf. 22.59 Eloy García (Marineda At.)/ Elimin. 26.29 Daniela Andrea Laya (Riazor C.)
  • 800 m. Smf. 2:19.88 Lucía Sánchez (S. Gimnástica), con 2:19.88 (MMP)
  • 1500 m. 7ª Pilar Rojo (Riazor Co.) 4:38.26 MMP/ 11ª Sara Guedes (At. Lucense), 4:46.87/ Smf. 4:03.28 Pablo Ulla (S.Gimnástica)/ Smf. 4:06.22 Pepe Sánchez (S.Gimnástica)/ Smf. 4:07.21 Mario Rodríguez (Celta At.)/ Smf. 4:50.67 Estela Díaz (LUCUS CRG)/ Smf. 4:55.34 Carolina Santos (Ría Ferrol)/ Smf. 4:58.17 Leyla Villar (Sanysec-Ourense)
  • 60 valos. 3ª David Vicente (At. Albacete) 8.07 (MMP)/ Smf. 9.03 Nerea Amigo (CAPEX)/ Elm. 9.34 Agata Rodríguez (Vila de Cangas)/ Elm. 8.37 Diego Liñares (At. Santiago)/Elim. 9.10 Matías Moldes (S. Gimnástica)/ DNS Martín Vázquez (LUCUS CRG)
  • Altura 13ª Daniela Andrea Laya (Riazor C.) 1.54 m.
  • Lonxitude. 4º Unai Loureiro (Riazor C.), 7.26 m.
  • Triplo.10º Unai Loureiro (Riazor C.) 14.32 m.
  • Pértega. 3ª Manuel Blanco (Sanysec-Ourense) 3.72 m./ 7ª Lisa Vosberg (Celta At.) 3.52 m.
  • Peso. 2º Fernando Vallines (At. Albacete) 17.34 M./ 3ª Xiana Lago (RIA Ferrol) 14.54 (MMP)
  • Heptatlon: 2º Xoel Otero (AA Mazí) 5201 puntos/ 13º Diego Martínez (S. Gimnástica) 4556 puntos

O artigo Os Sub23 regresan de Sabadell con cinco metais publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Os Sub23 regresan de Sabadell con cinco metais

Mas noticias relacionadas