Ouro Iberoamericano para Solange en Trujillo

Publicado por: F.G. Atletismo

Remataría a décimo sétima edición dos Xogos Iberoamericanos que se desenvolveron durante esta fin de semana na localidade peruana de Trujillo e que contaría ca presenza de dúas galegas e dun galego .

O máis salientable da súa actuación sería a medalla de ouro colleitada por Solange Pereira nunha proba dos 1.500 m. na que domiñaría cun rexistro de 4:18.31 e que a convierten na terceira muller galega en acadar o trunfo nestos campionatos logo dos xa establecidos por Estela Estévez no ano 1988 sobre os 3.000 m. e máis recentemente o de Loly Pedrares en martelo no ano 2000.

Lidia Parada de igual modo, repetería presenza como xa o fixera no ano 2014 logrando idéntica posición cun quinto posto logo de ter lanzado ata os 51.00 m. que non deixaría moi satisfeita a pupila de Moure. O seu concurso sería gañado pola colombiana Murillo con 59.51 m.

Para rematar Jean Marie Okutu que acudía como un dos galegos con máis medallas nestos campionatos grazas as dúas pratas dos anos 2012 e 2016, non puido repetir presenza no caixón  xa que os 7.73 m. quedarían a tan só catro centímetros do bronce. O trunfo da proba correspondería ó saltador peruano Mandros con 7.87 m.

Resultados XVII Campionatos Iberoamericanos

Historial Masculino galego nos Campionatos Iberoamericanos

Historial Feminino galego nos Campionatos Iberoamericanos

O artigo Ouro Iberoamericano para Solange en Trujillo publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Ouro Iberoamericano para Solange en Trujillo

Mas noticias relacionadas