Peche do primeiro prazo de inscrición

Publicado por: S.G.Pontevedra

Manuel Hurtado, alteta da S.G.P. vencedor da edición do ano 2021.

Queda un día para o peche de inscricións do primeiro prazo e o Gran Fondo Caixabank leva máis de 430 inscritos. Supéranse os 300 no medio maratón e case 150 nos 10km.

O primeiro prazo de inscricións pecha o 30 de setembro ás 23:59h. Nel o custo da inscrición é de 20€ para a longa distancia e de 10€ para a curta. A partir desa data e ata o 9 de outubro, o prezo por anotarse será de 5€ máis caro en cada proba.

Este ano tamén como novidade haberá unha proba con carácter participativo para os máis pequenos. O pistoletazo de saída soará antes das probas dos adultos e haberá dúas categorías:

  • Cativos (nados en 2016 e posteriores). Correrán 250m dentro da pista de atletismo do CGTD de Pontevedra.
  • Mini Gran Fondo (nados 2015-2005). A súa proba será de 750m coa saída dende a Ponte dos Tirantes e ata a pista de atletismo do CGTD de Pontevedra

Os titores que queiran anotar aos rapaces pódeno facer na páxina web do Gran Fondo Caixabank. A inscrición custa 1€ e co recadado sortearase vales en material deportivo entre todos os participantes.

É un servizo máis que ofrece a XL edición do Gran Fondo, un evento que nin parou nos anos da pandemia e se adaptou ás circunstancias. Este ano, xa coa normalidade recuperada e sen máscaras de cara, retoma servizos básicos e que marcan a diferenza respecto a outras probas de nivel autonómico e, incluso, nacional.

Tamén hai que lembrar que este ano será Campionato Galego de Medio Maratón e os percorridos das dúas distancias de adultos están homologados. Eso sí, os participantes que so se inscriban no evento autonómico non poderán optar aos beneficios da proba popular, tales como premios económicos, trofeos, bolsa do corredor e demáis servizos.

La entrada Peche do primeiro prazo de inscrición aparece primero en Sociedad Gimnastica de Pontevedra.


Enlace con la noticia original: Peche do primeiro prazo de inscrición

Mas noticias relacionadas