Postos de finalista en Getafe e dúas medallas en Tudela

Publicado por: F.G. Atletismo

A Selección Galega Sub18 acadaría esta fin de semana a oitava posición nos Campionatos de España por Federacións Autonómicas desenvoltos na localidade madrileña de Getafe.

O combinado galego acadaría un total de 197,5 puntos nun encontro gañado pola selección de Andalucía con 297.

Destacarían por  parte dos galegos o triunfo no concurso de martelo de Irene Gómez quen lanzaría ata os 60.84 e os quintos postos de Hugo García nos 5.000 m. con 9:04.09 e Hugo Martínez nos 5.000 marcha con 24:04.93.

Campionato de España de 10 km. ruta absoluto e máster

Cambiando de escenario, un total de dúas medallas sería o balance dos nosos atletas durante o transcurso do Campionato de España de 10 km. Ruta absoluto e máster desenvolto esta fin de semana en Tudela.

No colectivo, o ADAS Proinor lograría o bronce por clubs masculino grazas as actuacións de Alejo Ares (12º), Alfonso Mendoza (14º) e Jonathan Díaz (17º), completando equipo Juán Manuel Maillo que entraría no posto trixésimo primeiro.

O outro metal sería para o atleta do Universidade de Santiago Xosé Luis Otero Cepeda quen na categoría M65 acadaría o subcampionato nacional cun rexistro de 39:08. Con esta medalla o de Santiago xa suma tres logo do ouro e da prata do nacional de pista cuberta indoor deste inverno en Ourense.

Salientable sería da mesma maneira, a sexta posición de Paula Mayobre na categoría absoluta onde invertiría un rexistro de de 34:45

Resultados Campionato de España de Seleccións Sub18

Resultados Campionato de España 10 km. absoluto e máster

O artigo Postos de finalista en Getafe e dúas medallas en Tudela publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Postos de finalista en Getafe e dúas medallas en Tudela

Mas noticias relacionadas