Ciudad Real, agarda en setembro á Selección Galega

Publicado por: F.G. Atletismo

As Seleccións de cada Comunidade (agás Ceuta e Melilla)  disputarán este ano o Campionato de España de Federaciòns Autonómicas o vindeiro día 19 de setembro en Ciudad Real.

A gran cita de comunidades que se verá marcada pola evolución do COVID19, estará suxeita  ao ¨ estrito cumprimento da normativa vixente no momento da celebración da competición e as directrices establecidas polas autoridades, autonómicas, nacionais e internacionais sobre as medidas de prevención, mitigación e protección no referente a minimizar os riscos de contaxio¨ segundo sinala a normativa da RFEA

Lembramos que esta competición que se ven desenvolvendo dende o ano 1976 xeralmente no mes de xuño, representa a cita máis importante que a nivel comunidades acontece en pista ao aire libre, sendo unha excelente oportunidade de poder ver en liza aos atletas máis importantes do panorama nacional e mesmo internacional, defendendo as cores das súas respectivas seleccións.

Galicia ocupa postos importantes

Historicamente o equipo catalán ben sendo quen máis títulos ten acadado nun formato de competición que cambiaría ao longo do tempo na procura dun maior dinamismo e espectáculo. Así orixinariamente arrincaría con dous grupos de 1ª e 2ª categoría sendo de igual modo a clasificación de homes e mulleres separadas. Dende o ano 2012 a competición faise nun só encontro que encadra a todas as seleccións, establecendose de igual modo unha clasificación conxunta.

Dende ese ano a Selección Galega ocuparía o posto máis relevante na edición do ano 2012 onde lograría quedar ás portas do podio cun importante 4º consolidando prácticamente o quinto lugar dende entón.

  • 6ª en Málaga 2019
  • 5ª en Granollers 2018
  • 5ª en Ciudad Real 2017
  • 7ª en Alcobendas 2016
  • 5ª en Vitoria 2015
  • 5ª en Alcorcón 2014
  • 5ª en Avilés 2013
  • 4ª en Barcelona 2012

Normativa do XLV Campionato de España de Seleccións Autómicas

O artigo Ciudad Real, agarda en setembro á Selección Galega publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Ciudad Real, agarda en setembro á Selección Galega

Mas noticias relacionadas