Importantes bazas para o nacional Sub23 de pista cuberta

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana darán comezo as grandes citas nacionais que durantes estos meses terán á pista cuberta como principal protagonista. En concreto será o sábado e domingo cando Antequera reciba a un total de trinta e un atletas galegas e galegos que acudirán a tomar parte no Campionato de España Sub23.

Importantes opcións

De entre todas as que vaixarán, destacamos a participación nas probas de velocidade da medallista de bronce no galego absoluto Cristina Garrido da Gimnástica, que estará sobre a proba dos 60 m.

Nos 200 m. contaremos ca presenza dos célticos finalistas o ano pasado no nacional Sub20, Erik Fernández e Roi Martínez malia que será nos 400 m. na que estarán tanto Jorge Román Leiros do Celta como de María Fernández do Universidade de León, medallistas sobre esta mesma distancia nos campionatos de España Sub23 e Sub20 respectivamente.

As  probas de medio fondo e fondo, serán as que centren boa parte das claras opcións para o combinado galego xa que estarán compitindo casi a totalidade das campioas de España Sub23 de campo a través da pasada fin de semana en Biscaia. Sara López, Inés Docampo e María Cedrón do ADAS CUPA así como Lucía Varela do Lucus Caixa Rural. Antía Castro do Running Pinto Seoane sairá ca segunda mellor marca das participantes sobre os 3.000 m. que a colocan como unha das favoritas ao título. Lembramos que tanto Castro como Docampo, formaron parte do equipo nacional que se proclamaba campión de Europa de campo a través no mes de decembro en Turín.

Na categoría masculina, o campión de España oficioso de campo a través Mehdi El Nabaoui nun excelente estado de forma será outro dos claros aspirantes ao triunfo da proba dos 3.000 m.  Xunto ao estradense estará o atleta do Celta Hugo García intentando repetir a excelente actuación do ano pasado que o levaría ata a cuarta posición do nacional Sub20 nos 1.500 m.

Nos concursos tamén contaremos con presenza destacada de galegos e galegas como é o caso dos atletas do Real Club Celta, Sergio Coello en lonxitude e Raúl Cortizo en altura e lonxitude, finalistas na edición pasada.

Sobre o foso de lonxitude, non perderemos de vista á campioa galega absoluta Andrea Villaverde da Gimnástica quen intentará mellorar o excelente quinto posto logrado o ano pasado, nin tampouco a Ariadna Gil do Vila de Cangas na procura dos mesmos obxectivos sobre a proba de triplo.

Por último especial atención aós finalistas Sub20 2022 Samuel Lema do Atletismo Negreira e Marcos Bouza do Celta en peso;  Aitor Fernández do Super Amara en combinadas, e ao campión de Galicia absoluto do Atletismo Sada Tomás López en pértega.

Foto. Fotocarlosgrafias

 

O artigo Importantes bazas para o nacional Sub23 de pista cuberta publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Importantes bazas para o nacional Sub23 de pista cuberta

Mas noticias relacionadas