Presentado o II Circuito Deputación da Coruña de Atletismo en pista

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de onte tivo lugar a presentación na sede da Deputación do II Circuito Deputación da Coruña de atletismo en pista á que acudiron o Deputado provincial de Deportes Antonio Leira e a Secretaria Xeral da FGA Yolanda González.

Circuito formado por tres xornadas

Logo do éxito de participación acadado o ano pasado, decidiuse repetir experiencia neste 2024 para o cal se programaron tres xornadas para atletas nados entre os anos 2012 ata 2017.

A primeira xornada dispútase este mesmo sábado nas pistas da USC de Santiago, as que seguirán as do día 30 de novembro en A Coruña e a do 15 de decembro en Ferrol.

O artigo Presentado o II Circuito Deputación da Coruña de Atletismo en pista publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Presentado o II Circuito Deputación da Coruña de Atletismo en pista

Mas noticias relacionadas