Presentouse en Ribadavia o Campionato Xunta de Galicia de campo a través

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de hoxe tivo lugar en Ribadavia a presentación do Campionato Xunta de Galicia de Campo a través individual e por clubs que contou ca presenza do Alcalde do Concello César Fernández e a do Vicepresidente da FGA Eladio Gómez.  Xunto eles estiveron o Concelleiro de Deportes Francisco Javier Pousa e o Técnico de Deportes José Manuel Otero

Durante a presentación destacaríanse, ademáis de aspectos técnicos, a importante tradición do concello en acoller probas autónomicas de campo a través, sumando con esta, un total de seis edicións (2011,2016,2017,2018 e 2021) e cuxa excelente organización resultaría en todas elas, o aspecto máis salientable. Para este ano, novamente o Concello de Ribadavía está a dispor de todos cantos medios están da súa man para facer da gran cita invernal galega un novo éxito organizativo, sendo un dos elementos máis salientables a excelente adecuación do circuito de A Veronza, ubicado nunha expectacular contorna  paisaxística en pleno paseo fluvial xunto ao río Avia.

O primeiro gran campionato do ano

Ca disputa deste Campionato de Galicia de Campo a través, inaugúrase unha nova tempada atlética que ben marcada sen lugar a dúbidas, pola importante cita olímpica de Paris-24 no vindeiro verán.

No que atinxe a este campionato, contarase con preto de catrocentos atletas  entre os que destacada a presenza dos campións galegos absolutos da edición pasada en Xinzo Laura Santos do Playas de Castellón e Esteban Iglesias do Lucus Caixa Rural. Xunto aos lucenses estarán pelexando tanto polo título como polas medallas, os internacionais El Mehdi El Nabaoui que debuta cas cores do Atletismo Santiago ou Inés Docampo do ADAS CUPA quen xunto a Isabel Caeiro da Gimnástica, forman un dos grupos de internacionais participantes máis destacados deste campionato. Antonio Serrat do Celta e o independente medallista de bronce o ano pasado Jorge Puig, serán outros dos participantes que teñan moito que decir no circuito de A Veronza .

No resto de categorías contaremos ca presenza da internacional e plusmarquista de España Xela Martínez que parte como clara favorita na categoría feminina Sub20. Outras das grandes apostas do atletismo galego de futuro, Sabela Castelo da Gimnnástica na categoría Sub16 e Alex Sierpes do Atletismo Trega na Sub18, convertiránse nuns dos grandes atractivos e alicientes nesta edición.

En canto ao resto de participantes estaremos moi pendentes dos campións galegos Sub18 do ano pasado Leyla Villar do Ourense Atletismo e Lucas García do Ría de Foz quenes parten co obxectivo de repetir os excelentes resultados da pasada edición. Gabriel Losada da Gándara, Iván Rego e Carla Díaz do Lucus Caixa Rural, Ainhoa Gotán do S.D. Compostela Atletismo e Yago Ignacio García do C.A. Santiago, completan a relación de atletas destacados nesta cita

Selección Galega

Este campionato contará co engadido de ser selectivo para formar parte da Selección Galega que tomará parte no Campionato de España de Campo a través do vindeiro 28 de xaneiro en Xetafe.

Deste xeito o concello de Ribadavia repartirá os billetes para acudir ca selección galega, clasificándose as/os tres primeiras/os na absoluta, Sub23 e Sub20 e as/os catro primeiras/o no resto de categorías.

O artigo Presentouse en Ribadavia o Campionato Xunta de Galicia de campo a través publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Presentouse en Ribadavia o Campionato Xunta de Galicia de campo a través

Mas noticias relacionadas