Primeira xuntanza institucional de Sanmartín coa Xunta

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de hoxe o Presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín, mantivo a primeira xuntanza institucional co Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia José Ramón Lete.

Malia que xa se tiñan producido encontros e chamadas entre os dous dirixentes, non foi ata o día de hoxe na que se concretou esta xuntanza oficial nas dependencias da Secretaría Xeral en Santiago de Compostela. Durante a mesma, estívose analizando a actualidade do atletismo galego poñéndose especial énfase en todos aqueles proxectos que en materia de infraestructuras e de actividades deportivas se van levar a cabo durante este ano.

A xuntanza transurriría segundo Sanmartín nun clima ¨de plena colaboración e entendemento entre dúas institucións que ratifican o seu total compromiso de seguir avanzando coordinadamente na millora do atletismo galego a través de todas aquelas vías posibles¨

Este encontro prodúxose logo dos xa mantidos recentemente cos responsables e dirixentes municipais dos concellos de Santiago, A Coruña e Vigo e cuxa continuidade terá lugar a próxima semana na que o presidente da FGA será recibido pola Vicerreitora da Igualdade, Cultura e Deportes da Univeridade de A Coruña Cristina López.

O artigo Primeira xuntanza institucional de Sanmartín coa Xunta publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Primeira xuntanza institucional de Sanmartín coa Xunta

Mas noticias relacionadas