Probas da próxima fin de semana.

Publicado por: Ourense Atletismo

A Delegación da F.G.A en Vigo organiza o XX Campionato de Galicia de Clubs ó Aire Libre o día 21 de Abril, nas pistas de Balaídos.
O estadillo conformarase cun atleta por proba e cada atleta poderá puntuar nunha soa proba realizándose a través da intranet da RFEA: como data límite o día 8 de abril.
Unha vez comunicados os clubs participantes, as inscricións definitivas realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 17 de abril.
Segundo as categorías:
– Senior/veteranos, sub23, sub20: unha proba individual e un relevo.
– Categoría sub18: tódalas probas autorizadas. Só poden facer unha proba individual e un relevo. De tal xeito que a suma das distancias percorridas si son carreiras non exceda os 510m.
– Categoría sub16: unha soa proba sempre e cando esta se contemple no cadro de probas válidas para esta categoría.
 
 

Nesta fin de semana tamén teremos competición para os mais novos, de xeito que continuaremos co programa Xogade de Pista o Aire Libre. Nesta xornada, 3ª das que se disputan, os atletas de categoría Benxamín e Alevín poderán participar como máximo en dúas probas das que compoñen o programa. No caso de participar en dúas carreiras só poderá realizarse unha de máis de 250 metros.

Na categoría infantil, cada atleta poderá participar en cada xornada nun máximo de tres probas, respetando sempre a seguinte norma de participación: tres concursos; dous concursos e unha carreira ou un concurso e dúas carreiras (sendo unha delas inferior aos 250 metros). No caso de participar en dúas probas respetarase a seguinte norma de participación: dos concursos; un concurso e unha carreira ou dúas carreiras (sendo unha delas inferior aos 250 metros).  Nesta categoría convocanse tamén as probas para o Tetrathlón.

O programa de competición das xornadas previas completarase con probas para a categoría cadete e xuvenil; nas que podrán participar atletas desta categoría con ficha dilixenciada por Clubes da Delegación en Ourense e O Barco de Valdeorras da Federación Galega de Atletismo. 

Horario       Inscritos

 
 
 Xa na xornada dominical, vaise desputar a primeira das carreiras do VIII Circuito Correndo por Ourense. Tratase da carreira do Vinteún, terá a saída e meta na rúa Madre Soledad e o horario de saída da primeira proba a dos Pitufos será orredor das 12 do mediodía cunha distancia simbólica de 100 metros. Recordarvos que a recollida presencial dos chips e dorsais realizarase o sábado 21 de abril no Pavillón dos Remedios de 10:00h.a 20:00h. Con carácter extraordinario poderase recoller na secretaría da primeira competición na que participe dende 90 minutos ata 30 minutos antes de que empece a primeira proba.
 

 

 

Enlace con la noticia original: Probas da próxima fin de semana.

Mas noticias relacionadas