Publicado por: F.G. Atletismo
Ábrese o proceso de recoñecemento oficial para adestradores de atletismo formados entre 1999 e 2007 e que permitirá regularizar as formacións federativas de atletismo, baloncesto, balonmán, judo e vela, equiparándaas ás titulacións oficiais.
O sector deportivo galego dá un paso decisivo cara á regularización académica dos seus técnicos.
En virtude da Orde EFP/1299/2022, de 21 de decembro, establécese o procedemento para o recoñecemento oficial das formacións de adestradores deportivos impartidas de xeito federativo, tal e como prevé o Real Decreto 1363/2007. Este avance vese referendado pola recente Resolución do 28 de novembro de 2023, da Presidencia do Consello Superior de Deportes (CSD), pola que se outorga o recoñecemento oficial a determinadas formacións deportivas impartidas pola Real Federación Española de Atletismo e as súas federacións territoriais entre os anos 1999 e 2007.
A regularización destas titulacións suporá unha oportunidade histórica para que centos de profesionais que se formaron no período 1999-2007 vexan recoñecida a súa cualificación dentro do marco educativo oficial.
Próxima reunión coa Dirección Xeral de Formación Profesional
Co obxectivo de coordinar este proceso e facilitar a participación dos interesados, en breve convocarase unha reunión informativa coa Directora Xeral de Formación Profesional. Este encontro servirá para despexar dúbidas sobre o procedemento de validación e asegurar que os técnicos afectados poidan obter a súa acreditación oficial.
Previsión de alumnado
Co obxectivo de realizar unha previsión de alumnado o máis axustada posible para organizar os recursos necesarios, prágase a todas e todos os interesados que cubran formulario de interesad@s antes do 28 de febreiro.
Foto portada Juan Manuel Garcia Rey (Ollodexan)
O artigo Proceso de recoñecemento oficial para adestradores de atletismo formados entre 1999 e 2007 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Proceso de recoñecemento oficial para adestradores de atletismo formados entre 1999 e 2007
