Próximas Competiciones Atléticas.

Publicado por: Ourense Atletismo

Continuamos coas probas federadas nesta seguinte semana de maio, desta volta serán os máis pequenos da casa os que teñan o seu campeonato.  Tratase dunha proba onde compitiran os clubes de toda Galicia e os atletas teran que coordinarse cos seus compeñeiros para lograr acadar o tan preciado título de Club Campión. A Federación Galega de Atletismo organiza o VII Campionato de Galicia Sub-10, Sub-12 e Sub14 por equipos que terá lugar no Estadio Pérez Rivera de Lugo o sábado día 12 de Maio, en xornada de mañá os benxamíns e alevíns e de tarde os infantís. Cada atleta poderá realizar un máximo de 2 probas. No caso de ser carreiras, soamente unha poderá superar os 250m. Nas categorías benxamín e alevín a participación mínima será de 6 atletas e 8 probas. Nos infantís a participación mínima será de 8 atletas e 14 probas.
 
 
Habrá un autobús a disposición dos atletas desplazados que sairá do Pavillon dos Remedios. Recordarvos que tendes que confirmar a vosa intención de asistir  a comida e o autobús se queredes ter sitio, o prazo remata hoxe xoves día 9 as 19 horas.
 
Nesa mesma tarde de sábado, pero nas pista da Universidade vaise celebrar O Ourense Termal Athletics Meeting 2018 é un encontro incluído no calendario de competición nacional da Real Federación Española de Atletismo. Organizado e patrocinado pola Deputación Provincial de Ourense, a Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia e coa colaboración do Club Deportivo Aurum e a Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo.
 
 
 
 
Tamén o sábado vaise disputar o IX Torneo de Lanzamento en Pontevedra. Esixese unha marca mínima para participar. Podese facer a inscripción para este Torneo ata as 20:00 horas do Xoves anterior a disputa da proba, polo sístema on line coma xa é costume.
 
 

 

X CAMPEONATO ESPAÑA MÁSTER PENTATLÓN DE LANZAMIENTOS

Por delegación de la RFEA, la Federación Catalana de Atletismo y el ayuntamiento de Gavá
organizará el Campeonato de España de Pentatlón de Lanzamientos para atletas máster en Gavá
(Barcelona) los días 12 y 13 de mayo de 2018. El plazo de inscripción se cierra el martes 8 de mayo a las 23:59. Los atletas deberán realizar la inscripción por sus clubes a través de la intranet de la RFEA o directamente a través del Portal del Atleta: https://portaldelatleta.rfea.es/main.jsp. Obligatorio el acreditar una marca mínima reglamentaria. El plazo de consecución de estas marcas es del 1 de noviembre de 2016 al 8 de mayo de 2018.
 
 
 
En canto a outras probas que se disputaran pode ser da vosa intéres estas dúas probas que se desenvolveran o domingo día 13 de maio. 

A primeira será a Carreira Popular de Xinzo de Limia está organizada pola Concellería de Deportes de Xinzo. A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia, e as inscricións para as carreiras faranse polos seguintes medios, ata as 23:59h do día 10 de maio.

✓Na web:www.championchipnorte.com(enchendo o formulario de inscrición).
✓Na oficina de información do Pavillón de Deportes de Xinzo.
 
 
 
A segunda máis destacada é a que organiza El diario El Progreso en colaboración con el Ayuntamiento de Lugo, el II Medio  Maratón cidade de Lugo el 13 de Mayo a las 10:00h. A salida e a meta estarán situadas nas inmediacions da Plaza da Horta do Seminario de Lugo. Inscripción y tramos de pago: www.mmcidadelugo.com y www.ccnorte.com.
 
 

Enlace con la noticia original: Próximas Competiciones Atléticas.

Mas noticias relacionadas