RESULTADOS da 5ª Xornada COPA DEPUTACIÓN DE LUGO (31 maio, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

copadeputacin5x_310518_resultados.png
  
Grandes resultados os da 5ª Xornada da COPA DEPUTACIÓN DE LUGO, celebrada o pasado xoves 31 de maio nas instalacións do Estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo. Desde a categoría SUB14 (infantil) á senior, as nosas e os nosos atletas conseguiron rematar nos primeiros postos e facer incluso doblete no podio absoluto; segue a ler!
Nesta ocasión, tanto a categoría feminina como a masculina exprimiron o mellor de si para conseguir rematar as probas nas primeiras posicións, nunha xornada tranquila e acolledora entre atletas maiormente locais. Comezando coa categoría SUB14 (infantil), que viu substituída a súa sesión de adestramento pola participación na proba dos 80m.l., feminina e masculina, rematou con medallas de bronce para a representación da Escola do Lucus Caixa Rural Galega, onde destacaron María Quintela e Adrián Javier Pardo. 
 
Seguindo coas carreiras, as probas de velocidade e fondo estarían tamén protagonizadas por atletas do Lucus. Miguel Borrego remataría os 100m.l. na segunda posición, cunha entrada igualadísima co vencedor e un tempo de 11.62, que lle outorgaría a medalla de prata. Nos 400m.l., sería Lucía López a subcampiona da proba, marcando un rexistro de 1:02.49 e xa nos 800m.l., tamén femininos, a medalla de bronce levaríaa Andrea Vidal, cunha marca de 2:49.07. Esteban Iglesia, pola súa parte, alzaríase como vencedor absoluto dos 1.500m.l., parando o crono nos 9:17.8, vitoria que compartiu co seu compañeiro Kevin Darriba, que rematou cun rexistro de 4:23.21 e a terceira posición. Pero sería nos 3.000m.l. onde o Lucus conseguiría doblete cos seus atletas na categoría feminina e masculina, coa medalla de bronce de Carlota Ansede 11:49.11 de marca e tamén doblete para Esteban Iglesia, con doble medalla de ouro e un rexistro de 9:17.8.
 
As probas de valados deixaron, asimismo, diversas medallas na categoría masculina, como foi o caso de Diego Piñeiro, medalla de ouro nos 100m.v. da súa categoría e un tempo de 17.35; Santiago Rozas, vencedor tamén dos 110m.v. da súa categoría, con 15.17 de marca e Miguel Pérez, medalla de ouro nos 110m.v. absolutos e un rexistro por debaixo dos 15 segundos (14.81), que lle daría o segundo posto no podio absoluto segundo os puntos húngaros.
 
Para rematar, nos concursos, destacaron os lanzadores do club Iván Rey e Pablo Pérez, que lideraron a proba de lanzamento de disco e resultaron os vencedores nas súas categorías. Iván, cun mellor lanzamento de 35.85, conseguiu facerse co primeiro posto no disco de 2kg.; mentres Pablo repetía posición enviando o disco de 1.750kg. aos 27.68 metros. A vitoria viría tamén na proba de salto de lonxitude, cun Pablo Modia que se mantivo na súa marca da tempada e un mellor salto de 7.07m., resultando vencedor absoluto da xornada dacordo cos puntos húngaros. 
 
En resumo, moi boa participación dos nosos e das nosas atletas neste control local de aire libre e moita ilusión polo doblete conseguido no podio absoluto, da man de dous dos nosos atletas e monitores da Escola de Atletismo, Pablo Modia e Miguel Pérez, trofeo o deste último que recolle Andrés Dono nas imaxes.
 
 

resultadosbotn.png
 
copadeputacin5x_310518-_1.jpg
 
copadeputacin5x_310518-_2.jpg
 
NORABOA A TODOS/AS!! 
  

Enlace con la noticia original: RESULTADOS da 5ª Xornada COPA DEPUTACIÓN DE LUGO (31 maio, Lugo)

Mas noticias relacionadas