SEMANA DE PROVINCIAIS

Publicado por: Ourense Atletismo

Espallados pola semana houbo varios campionatos a nivel provincial con importante presenza do Club Ourense Atletismo.

O mércores 6 disputouse o Campionato Provincial Federado de Campo a Través – Cross de Antioquía onde o Club Ourense Atletismo foi campión en categoría feminina absoluta e subcampión na categoría masculina.

Ademáis, a nivel individual gañou Itzíar Manso a carreira absoluta de mulleres sendo Ana Isabel Soutullo a terceira clasificada. Na categoría masculina absoluta Javier Paredes foi o gañador provincial. Fóra da categoría absoluta, Nicolás González gañou na carreira dos sub14.

Ao día seguinte, o xoves 7, foi a quinta xornada da Copa Deputación en Expourense. A representación ourensanista foi moi ampla, posto que puideron participar dende sub8 ata absolutos. Limitándonos aos primeiros postos, Álex Cid logrou vencer nos 500 metros sub10 con 1:38.68, Paula Carrión na lonxitude sub14 cun bo rexistro de 4.19 e Manuela Blanco na lonxitude absoluta con 4.70.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

V CROS ANTIOQUIA – CAMPIONATO PROVINCIAL FEDERADO DE CAMPO A TRAVÉS

Xl Copa Deputacion 5ª Xornada

La entrada SEMANA DE PROVINCIAIS apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: SEMANA DE PROVINCIAIS

Mas noticias relacionadas