RESULTADOS do Campionato de Europa Máster PC (19-24 marzo, Madrid)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctoeuropamasterpc_19-240318.jpg
 
Moi boas novas para o Lucus Caixa Rural Galega, co motivo da celebración en Madrid do CAMPIONATO DE EUROPA MÁSTER EN PISTA CUBERTA, desde o luns 19 ata o sábado 24 de marzo. Unha semana chea de emoción e do mellor atletismo veterán da man dos nosos atletas do club e asociados, segue lendo para coñecer os resultados!
Nesta ocasión, foi a Comunidade de Madrid a encargada de recibir aos atletas veteráns europeos para disputar esta 12ª Edición do Campionato na Pista Cuberta. Preto de 4.000 atletas procedentes de toda Europa déronse cita esta semana de atletismo europeo, entre os cales se atoparon o Lucus Caixa Rural Galega e o Verxel Nutrición Deportiva, entre os clubs afiliados, que representarían á selección española nesta data.

Na categoría feminina sería Ros Sureda González a que debutaría no salto de altura, obtendo un excelentísimo 6º posto na súa categoría, superando o listón nos 1.40 metros. Na banda masculina acudirían Xabier Díaz e Antonio Gude Vila, ambos para participar nos 3.000m, proba na que obtiveron os postos 22 e 10º, respectivamente, rexistrando unhas marcas de 9:22.69, o primeiro, e 9:03.88, o segundo.


Mención especial merece tamén o noso club asociado, Verxel Nutrición Deportiva, coa participación de dous atletas que regresaron desta gran cita convertidos en medallistas europeos. Por un lado, Javier Toro Montero conseguiría proclamarse subcampión europeo nos 1.500 metros na súa categoría, batendo un novo récord galego con 4:49.18, que lle outorgaría a merecida prata. Gustavo Platas Vidal, pola súa parte, conseguiría rematar a proba dos 3.000 m. facéndose coa medalla de bronce por categoría, cun rexistro de 8:39.01.
 
 

resultadosbotn.png imaxesbotn.png
 
Sen dúbida un campionato de recordo, noraboa atletas!!
 

Enlace con la noticia original: RESULTADOS do Campionato de Europa Máster PC (19-24 marzo, Madrid)

Mas noticias relacionadas