RESULTADOS Campionato de Galicia 5000m e 10000m AL (domingo 18 marzo, Santiago)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctogalicia_5000e10000al_180318-.jpg
 
A pasada fin de semana disputouse na localidade de Santiago de Compostela o CAMPIONATO DE GALICIA DE 5.000m e 10.000m na pista ao Aire Libre, cita á que acudiron atletas das categorías sub18 ata máster. Tres foron os/as representantes do Lucus Caixa Rural Galega, seguide lendo se queredes coñecer os resultados!
Ás 11:00 horas comezaba a primeira das probas desta xornada do domingo 18 de marzo, sendo as mulleres das categorías sub18 e sub20 nos 5.000 metros. Carlota Ansede Moreno, atleta feminina sub20, conseguiría rematar na terceira posición, co 2º posto na súa categoría e unha primeira marca da tempada de 20:42.09, mellorando o seu tempo con respecto ao ano pasado.
 
Sería na última proba desta cita, ás 12:45h., cando participarían Esteban Iglesias Vila e Kevin Darriba Corral, nos 10.000 metros que comprendeu atletas desde sub20 a máster. Nun tempo de 31:56.41, logrando a súa mellor marca persoal ata o momento, Esteban Iglesias remataría esta proba co 1º posto, converténdose no campión dos 10.000 metros a nivel autonómico. Kevin Darriba, pola súa parte, acadaría a décima posición no ránking absoluto e o 4º posto na súa categoría cun tempo de 35:23.75, estreándose nesta modalidade a presente tempada e con moi boas sensacións.

resultadosbotn.png

 

ctogalicia5000e10000al_180318_1.jpg
ctogalicia5000e10000al_180318_2.jpg

  

NORABOA!!
 

Enlace con la noticia original: RESULTADOS Campionato de Galicia 5000m e 10000m AL (domingo 18 marzo, Santiago)

Mas noticias relacionadas