Montefaro dá continuidade este sábado ao Trofeo Federación XCO e abre o Circuíto Deputación da Coruña BTT-XC

Publicado por: F.G. Ciclismo

Os especialistas en cross coutry olímpico (XCO) teñen cita este sábado nun dos grandes escenarios do BTT galego. O Pulpeiros Mugardos organiza en Montefaro, no concello coruñés de Ares, a segunda proba puntuable para o Trofeo Federación XCO, que a súa vez supón o inicio do VI Circuíto Deputación da Coruña BTT-XC. A primeira das dúas quendas de saídas darase ás 16:00 horas no Mirador da Bailadora, onde tamén estará ubicada a oficina da carreira. 

Dez bikers defenderán neste XC Montefaro os xerseis de líderes que acadaron na apertura deste certame autonómico. A primeira xornada do Trofeo Federación XCO celebrouse na localidade ourensá de Baños de Molgas e alí venceron Esteban Sánchez (Extol – La Gramola Team) e Diana Blanco (Mitto By X-Sauce) en elites, Samuel González (Salvaterra) nos sub23, Roi López (Compostelano) e Alba Arias (Arteixo-MB3) en juniors, Xoel Montes (A.D. Avanza) e Laura Capa (Farto) en cadetes, Marcos Mayo (O Treito) nos masters-30, Alejandro Trasbach (Racing Cycling) nos masters-40 e Manuel Castro (BarbanzaBike) nos masters-50/60. 

Transgalaica en Vigo

Ao día seguinte, o domingo, chegará a quenda das longas distancias coa VigoBikeContest. Esta segunda proba puntuable do circuíto Transgalaica de BTT-Maratón arrancará ás 10:00 horas. Singletrack Outdoor Sports deseñou o percorrido de 60 kilómetros, con saída e chegada na parroquia viguesa de Candeán. 

 


Enlace con la noticia original: Montefaro dá continuidade este sábado ao Trofeo Federación XCO e abre o Circuíto Deputación da Coruña BTT-XC

Mas noticias relacionadas