RESULTADOS do CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO (30 xuño, A Coruña)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctogaliciaabsoluto_al_300618.jpg
 
Este sábado 30 de xuño disputábase no inaugurado Estadio Universitario de Elviña (A Coruña) o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO, unha das últimas grandes citas da tempada ao aire libre. Cita na que o Lucus Caixa Rural Galega non faltou e, pese ás condicións adversas, conseguiu batir os seus propósitos. Segue a ler para enterarte!
Aínda que a xornada comezaba cun tempo estable, que permitiu realizar as probas da mañá, pola tarde a meteoroloxía daría lugar a unha tromba de auga que obrigaría a paralizar a competición en diversas ocasións chegando, incluso, a pospoñer varios dos concursos que se disputaban en horario de tarde, como o triplo salto ou a xavelina, para o vindeiro sábado 7 de xullo.
 
Mellor sorte tiveron gran parte dos e das atletas do Lucus Caixa Rural Galega, que puideron participar pese ás condicións e lograr grandes resultados e vitorias, ademais de mellorar marcas persoais loitando polo seu club e volver a casa cunha decena de medallas. As de bronce chegarían da man de Iago Núñez Lugilde na proba dos 400m.l., cunha mellor marca persoal de 49.94 e da lanzadora Alicia González Pose en peso, co seu rexistro de 11.36 metros, preto da súa MMT. As segundas posicións de Nicolás Arrojo na proba dos 3.000 m. obstáculosIago Núñez nos 400 metros, esta vez valos (novamente facendo MMP con 54.21) e Miguel Pérez no salto de altura (cunha marca de 1.86m), obterían tres das medallas de prata conseguidas. Este último faría doblete de podio tamén nos 110m.v., co primeiro posto para Miguel Pérez (14.77), seguido por Santiago Rozasque cos 15.42 melloraría a súa anterior marca persoal de 15.71. Os primeiros postos virían da man de Pablo Modia no salto de lonxitude, superando a barreira dos 7 metros en todos os seus saltos e conseguindo o ouro cun mellor rexistro de 7.23m, moi preto da súa MMT e recente MMP, e de Esteban Iglesia, que pararía o crono dos 5.000m.l. nos 14:58.82, liderando a proba e moi preto dos seus mellores rexistros.
 
Ademais das anteriores, destacados foron tamén os resultados dos 100m.l. femininos, nos que Adiaratou Iglesias Forneiro conseguía o primeiro posto nas semifinais, cunha marca de 12.57, rozando a súa MMP de 12.50, e finalmente remataría na quinta posición na final con 13.07. Nos masculinos, Andrés Dono quedaría ás portas cos seus 11.84 na semifinal dos 100m.l. En canto aos 200 m.l., tanto Adiaratou (con 26.05como Santiago Rozas (batindo a súa MMP con 23.13) rematarían a súa participación nas semifinais, nas que o alto nivel nos rexistros dos/as demais atletas impediulles pasar á final. Xa nas probas de fondo, Xabier Díaz e Daniel Pérez loitarían nos 5.000m.l. por manter o ritmo ao longo da carreira, mellorando ou rozando as súas marcas persoais e rexistrando no cronómetro 15:57.93 e 16:13.13, respectivamente. A mesma loita que mantivo Kevin Darriba nos 3.000m.l. para conseguir colarse entre as primeiras posicións. 
 
Finalmente, no sector dos lanzamentos, foron numerosas as participacións dos nosos e as nosas atletas do club, que probaron sorte nas distintas probas de peso, disco e martelo, pois a xavelina quedaba suspendida polo temporal. Comezaba a xornada co lanzamento de peso, proba na que Iván Rey Lugilde despedía a bola ata os 8.98 metros. Mellor posición obtería na proba de disco, manténdose nun oitavo posto cun lanzamento de 32.35m, que repetiría no martelo cun rexistro de 33.58m, lonxe das súas mellores marcas persoais pero manténdose estable. Semellantes foron os rexistros de Pablo Sánchez, que engadiu á súa MMP uns centímetros co seu mellor lanzamento de 23.55m e de Raúl Rodríguez, tamén no disco, no que conseguiu rematar en sexta posición cos seus 32.61m., a mesma que obtivo no martelo cos seus 43.21 metros de marca. Na categoría feminina, Antía Novo conseguiría chegar aos 21.19m. no lanzamento de disco e aos 28.60m. no martelo, acercándose á súa MMP. María Quiroga rexistraría no martelo un mellor lanzamento de 32.05m. mentres que Laura Copa repetiría a súa participación nas probas de disco (18.45m.) e martelo (34.78m.), nesta última obtendo a quinta posición a nivel autonómico. Podedes acceder aos resultados completos da xornada autonómica premendo na imaxe posterior, así como á retransmisión en directo da xornada en imaxes.
 
resultadosbotn.png    imaxesbotn.png
 
ctogaliciaabsolutoal_300618_1.jpgPABLO MODIA. Podio de lonxitude.
 
ctogaliciaabsolutoal_300618_2.jpg
MIGUEL PÉREZ. Podio de altura.
 
ctogaliciaabsolutoal_300618_3.jpg
IAGO NÚÑEZ. Podio dos 400m.v.
 
ctogaliciaabsolutoal_300618_4.jpg
ALICIA GONZÁLEZ. Podio de peso.
 
ctogaliciaabsolutoal_300618_5.jpg
NICOLÁS ARROJO. Podio dos 3.000m. obstáculos.
 
ctogaliciaabsolutoal_300618_6.jpg
MIGUEL PÉREZ e SANTIAGO ROZAS. Podio dos 110m.v.
 
Noraboa a todas e todos pola vosa participación, polas melloras nas vosas marcas e polos logros acadados, facedes moi grande a este o noso club!!
 

Enlace con la noticia original: RESULTADOS do CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO (30 xuño, A Coruña)

Mas noticias relacionadas