La tormenta protagonizó el final de la temporada gallega de XCO en Cambre

Publicado por: F.G. Ciclismo

O Trofeo de btt de Cambre puxo o peche á tempada galega no que a probas de campo a través olímpico refírese. A cita foi tamén o colofón ao Trofeo Federación e ao VI Circuíto Deputación da Coruña.

Iván Feijoo (Maceda) logrou impoñerse de maneira absoluta na proba demostrando que vai adquirindo a forma a pasos axigantados tras concluír a época de estudos. Ademais, o allaricense soubo adaptarse mellor que ninguén ao esixente circuíto de Cambre que debido á intensa choiva caída toda a tarde transformouse nun auténtico tobogán de barro no que resultaba complicado manter o dominio da bicicleta. Feijoo, demostrou os seus dotes de auténtico especialista sobre o deslizante barro e deixou claro que a tempada de ciclocrós é o seu gran obxectivo. Pablo Álvarez (Cambre) demostrou ante os seus que pode meterse na loita polo triunfo absoluto e completou unha das súas mellores carreiras do ano sendo segundo tras Feijoo. Á súa roda entraron a ciclistas elite con Jorge Punzón ( Prebetong) á cabeza tras realizar unha gran remontada debido a unha picada sufrida na segunda volta. O porriñés parece abonado ás avarías e en Cambre non ía ser menos pero pudo arranxar e recuperar postos ata a cabeza da categoría no último xiro no que gañoulle a partida ao recente Campión de Galicia Saúl López (Maceda) e a Alberto Pedreira (Bici Verde) que lle acompañaron no podio de elites. Raúl González (Maceda) foi o terceiro entre os mozos sub23.

Ademais do climatolóxico, tamén o feito de resolverse con antelación algunhas categorías influíu na participación que foi menor que noutras ocasións. Jorge Fernández (Coruxo) estreou a súa recente condición de Campión de Galicia logrando unha nova vitoria, nesta ocasión fronte aos membros do Avanza, Sergio Lorenzo e David Fernández que a pesar de poñer en aprietos ao vigués tiveron que conformarse con completar o podio. O triunfo do vigués valeu ademais para defender o liderado do ausente Xoel Montes (Avanza) no Trofeo Federación. Montes non tomou parte nas citas de Oroso nin no peche de Cambre pero a súa renda valeulle para lograr o Trofeo. Laura Capa ( Farto) non tivo oposición na proba feminina resultando segunda clasificada Laura Fernández (2.0). A do Farto chega nun gran momento de forma a estas alturas de tempada e a unha semana de representar a Galicia no Campionato de España de Escolares onde parte con opcións de realizar un bo papel.

Coa participación de Carlos Canal (Maceda) e Adrián Barros (Coruxo) en categoría junior, todos os rivais saben que é difícil ter opcións de gañar. Os dous mellores bikers galegos da categoría medíronse no bulleiral de Cambre con vitoria pola mínima para o ourensán. Sen avarías como a que lle obrigou a abandonar no galego, Barros trato de poñer contra as cordas a Canal. En meta separáronlles poucos segundos. A Roi López (Compostelán) valeulle ser terceiro para concluír o ano como mellor junior do Trofeo Federación e do Circuíto Deputación da Coruña.

Manuel Parada (RSBikes) foi o gañador na categoría master 30 deixando aberto o duelo pola segunda e terceira posición na que Aquiles Xordo (Caimanes) e Luís Fernández (Avanza) protagonizaron un enfrontamento moi igualado que se saldou a favor do betanceiro. Os puntos sumados por Juan José Chapela (Morrazo) coa sexta praza, foron dabondo para facerse coa camisola final do Trofeo Federación.

Menos historia tivo a competición de master 40 co intratable Alejandro Trasbach (Racing) que esta tempada sumou as súas participacións por vitorias e en Cambre volveu repetir triunfo fronte aos membros do Burgas Bike, José García e Toño Rivas, segundo e terceiro en liña de meta. En master 50 prolongouse o man a man vivido no Campionato de Galicia e Manuel Castro (Barbanza) e José Ramón Castelo (Castro Barbudo) pelexaron pola vitoria ata os últimos metros sendo favorable para o barbancés. Manuel Gómez (Bici Verde) logrou unha meritoria terceira praza. Sen ningunha rival á que medirse, Isabel Castro (Condado) completou unha boa carreira coa mirada posta na próxima tempada de ciclocrós.

TROFEO FEDERACIÓN 2018

Cadete                                        Cadete feminino                                                                                                       Xoel Montes (Avanza)                Laura Capa (Farto)

Junior                                           Junior feminino

Roi López (Compostelano)      Alba Arias (Arteixo)

Master 50                                   Master 40                               Master 30                                                           Manuel Castro (Barbanza)      Alex Trasbach (Racing)          Juan José Chapela (Morrazo)

Master feminino: Isabel castro Cal (Condado)

Sub 23                                                        Elite                                                  Elite feminino                                  Raúl González (Maceda)                        Jorge Punzón (Prebetóng)             Nuria Senra (Eskornabois)

 

VI CIRCUITO DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Cadete: Fabián Rodríguez  (Caimanes)       

Junior                                             Junior feminino                                                                                                      Roi López (Compostelano)         Alba Arias (Arteixo)

Master 50                                   Master 40                              Master 30                                                           Manuel Castro (Barbanza)      Alex Trasbach (Racing)         Manuel Angel Parada (RS Bikes)

Master feminino: Marta Barbeito (Hércules Xtrem)

Sub 23                                             Elite                                                             Elite feminino                                   Pablo Álvarez (Cambre)                Daniel caneiro (3 Lunas Quereño)         Nuria Senra (Eskornabois)

Foto ©Luz Iglesias


Enlace con la noticia original: La tormenta protagonizó el final de la temporada gallega de XCO en Cambre

Mas noticias relacionadas