RESULTADOS do Campionato Galicia Máster PC (14 xaneiro)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctogaliciamsterpc_140118.jpg
 
Adxuntamos os RESULTADOS do Campionato de Galicia Máster de Pista Cuberta celebrado o domingo 14 de xaneiro en Expourense. A representación dos máis veteráns do Lucus Caixa Rural Galega conseguiu rematar a xornada cun total de sete medallas dos cinco atletas participantes. Queres coñecelos? Segue lendo!
Espectacular a participación dos/as nosos/as atletas máis veteráns do club, conseguindo reunir un total de sete medallas nas distintas probas por categoría que se disputaron ao longo da xornada. Gerardo Raposo Buján conseguiría a medalla de bronce logo de rematar os 800m.l. nun tempo de 2:16.54, as medallas de prata serían de José Luis Pernas Ramos, tras conseguir facer en 8.43 a carreira dos 60m.l. e de Xabier Díaz Fernández, conseguindo en 9:23.40 bater os 3.000m.l. Nesta mesma proba, Juan Antonio Gude Vila proclamariase vencedor cun tempo de 8:59.70, levando consigo a medalla de ouro
Xa na categoría feminina, tres medallas de ouro conseguiría tamén Ros Sureda González, que loitaría por facerse cos primeiros postos por categoría nas probas de 200m.l., altura e lonxitude, nas que conseguiu facer de marca 30.69, 1.40m e 4.19m, respectivamente.   

Podedes consultar máis abaixo os RESULTADOS completos de todas as probas.

resultadosbotn.png 

Sen dúbida fantásticos resultados, 
noraboa a todos/as!!


Enlace con la noticia original: RESULTADOS do Campionato Galicia Máster PC (14 xaneiro)

Mas noticias relacionadas