ROI PRIETO COMPITE COA SELECCIÓN ESTE FIN DE SEMANA

Publicado por: Ourense Atletismo

Roi Prieto competirá este fin de semana en Pamplona representando á Selección Galega de Atletismo no Campionato de España de Federacións Autonómicas CSD.

O pupilo de Mario González ten deste ano unha mellor marca de 1.68 metros, realizada en Lugo o 4 de xuño, o que lle permitiu situarse líder do ranking 4 centímetros por encima do seguinte atleta, Luis José Dam, quen saltou 1.64 a comezos de maio.

Non será o único membro ourensanista da expedición, xa que Óscar Seoane acudirá como responsable da selección galega.

Roi competirá o domingo ás 10:00h. Pódese seguir o campionato íntegramente en directo en LaLigaSportsTV pulsando o seguinte enlace:

LaLigaSportsTV Campionatos de España

La entrada ROI PRIETO COMPITE COA SELECCIÓN ESTE FIN DE SEMANA apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: ROI PRIETO COMPITE COA SELECCIÓN ESTE FIN DE SEMANA

Mas noticias relacionadas