Publicado por: Lucus Atletismo
Un San Froilán máis, e xa van catro consecutivos, o Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, coa colaboración de Deputación e o Concello de Lugo, volverá achegar o deporte á cidade coa exhibición «SALTAR NA RÚA» en Lugo, que este ano virá acompañada pola I MILLA POPULAR «40 ANIVERSARIO LUCUS», co fin de celebrar os 40 anos de historia do Club desde a súa creación en 1984. Será o sábado 12 de outubro de 2024, en xornada de mañá, na Praza Horta do Seminario (Avenida Ramón Ferreiro). Que mellor plan para despedir as festas?
Ás 11:30 horas daremos a saída da I MILLA POPULAR «40 ANIVERSARIO LUCUS» onde participarán atletas da especialidade de fondo e medio fondo para conmemorar os 40 anos de historia do Club e a súa labor na formación deportiva. Unha carreira para disfrutar do atletismo en plena cidade que ofrecerá un premio de 200€ aos vencedores absolutos das categorías feminina e masculina.
A continuación, a partir das 12:00 horas, comezará a exhibición do «IV SALTAR NA RÚA» onde poderedes observar como atletas referentes do ámbito do atletismo ofrecen unha pequena mostra da súa especialidade en plena rúa, coas probas de salto de lonxitude e salto con pértega. Un auténtico espectáculo a carón do recinto feiral da man de atletas que compiten a nivel galego, nacional e internacional.
Pronto iremos descubrindo aos atletas que nos acompañarán nesta nova edición…
Mentres tanto, podes volver escoitar a nosa intervención nos programas de radio especiais do San Froilán pasado, onde falamos sobre a exhibición e a actividade do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, o Club con máis traxectoria da cidade e dos máis antigos de Galicia.
E LEMBRA …
NON VOS PERDADES ESTA NOVA EDICIÓN, AGARDÁMOSVOS!
Enlace con la noticia original: «SALTAR NA RÚA» VOLVE A LUGO COA MILLA POPULAR 40 ANIVERSARIO LUCUS – 12 OUTUBRO 2024