Santander, Avilés e Guadalajara punto de interés para os nosos atletas

Publicado por: F.G. Atletismo

Varios son as frontes que a nivel nacional estarán abertas esta fin de semana para os nosos atletas.

Para comezar a capital cántaba de Santander, será a sede o sábado do XXXIII Campionato de España dos 100 km. absoluto e master á que acuden os atletas do Esprintes Ourense, José María Levoso e Marisol Gómez  así como o representante do Verxel Nutrición Ramón Villar.

A nivel de clubs o foco de atención estará en Guadalajara onde se densenvolverá o V Campionato de España de Clubs Sub14 e na que a nosa comunidade acude cos equipos do AVA, Franciscanos de Lugo e Ría Ferrol en mulleres. Nos homes tomarán parte as formacións do Millaraio e Atlética Lucense.

Para rematar a Selección Galega Sub 16 acude o Estadio avilesino “Yago Lamela” para tomar parte o sábado e domingo no Campionato de España por Seleccións Autonómicas na que defenderán o quinto posto acadado o ano pasado en Lorca e na que os nosos virían cun total de nove medallas.

O artigo Santander, Avilés e Guadalajara punto de interés para os nosos atletas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Santander, Avilés e Guadalajara punto de interés para os nosos atletas

Mas noticias relacionadas