Pontevedra recibe o galego máster

Publicado por: F.G. Atletismo

Mañá sábado día 16 de Xuño acontecerá unha das grandes citas atléticas do calendario de probas oficiais da Federación Galega de atletismo como é o desenvolvemento do XXXI Campionato de Galicia Absoluto Máster

Ata ali achéganse un número récord de preto de 600 atletas qenes competirán na procura dun bo resultado que satisfaga as súas aspiracións.

Entre os inscritos, cóntase ca presencia de numerosos e destacados atletas tanto de nivel nacional como internacional que darán a esta proba unha importancia de relieve na axenda desta fin de semana.

O campionato dará comezo as 10.45 horas co concurso de martelo dando remate sobre as 19.15 horas ca final dos 5.000 m.

O artigo Pontevedra recibe o galego máster publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Pontevedra recibe o galego máster

Mas noticias relacionadas