Santiago acolle a I Xornada sobre Políticas Deportivas

Publicado por: F.G. Atletismo

O próximo venres día 23 de novembro a UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas) organizará as 18:00 horas na sede da Escola Galega da Administración Pública en Santiago a “I Xornada sobre Políticas Deportivas”

A estas xornadas están convidados as formacións políticas de En Marea, BNG, PSOE, PPCiudadanos as cales debatirán sobre as súas propostas que en materia deportiva conteñan os seus programas.

Esta conferencia é unha excelente ocasión para coñecer de primeira man cales as propostas deportivas e as diferentes iniciativas que en materia de educación fisica cada grupo político presenta.

Todos os interesados en asistir e participar neste interesante acto aberto, podédesvos inscribir ata o xoves día 22 

Inscripción

 

O artigo Santiago acolle a I Xornada sobre Políticas Deportivas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Santiago acolle a I Xornada sobre Políticas Deportivas

Mas noticias relacionadas