Servizos que se ofertan no Gran Fondo Caixabank

Publicado por: S.G.Pontevedra

O XL Gran Fondo Caixabank celebrase o 16 de outubro e xa hai máis de 200 inscritos. As inscricións xa están abertas ata o 9 de outubro. Hai dúas tandas: a primeira, e máis barata, remata o 30 de setembro; a segunda irá do 1 de outubro ata o día 9.

Ademais de desfrutar dunha marabillosa carreira polas rúas da cidade de Pontevedra, os atletas que participen neste evento poderán desfrutar destos servizos de xeito gratuito:

Circuitos homologados: Tanto o percorrido do medio maratón como dos 10km están homologados. Ambos saen da Ponte das Correntes e chegan ao CGTD de Pontevedra. Na distancia curta darase unha volta a este percorrido, mentres que na longa serán dúas.

Lebres na carreira: haberá lebres no medio maratón que intentarán rematar a proba nos seguintes tempos: 01:35.00 / 01:40.00 / 01:45.00 / 01:50.00 / 02:00.00. Calquera persoa se pode unir ás distintas lebres. Levarán bandeirolas visibles.

Medalla finisher: ao rematar a proba do medio maratón entregarase unha medalla para todos os atletas que crucen a liña de meta.

Fisioterapeutas: estudantes do Grao de Fisioterapia da Universidade de Vigo, no Campus de Pontevedra, darán sesións de xeito gratuito aos atletas que o requiran ao terminar a proba

Garderías para nenos/as: disporase dun espazo de gardería para os nenos e nenas que teñan entre 3 e 12 anos. Estarán coidados por monitores titulares. O horario será de 09:00h a 14:00h. Os titores que queiran deixar os seus rapaces teñen que cubrir o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdWFAjbyA60KO43fzDyJbj8rY_07pKvsEBsISBDdgEzzi4tWA/viewform

Cervexa e bica ao rematar: a proba finalizará cunha pequena festa na que se repartirá cervexa e bica, mentres soará música.

Vestiarios, duchas e gardarroupa: retómase o servizo de vestiarios e duchas no Pavillón Universitario. Tamén haberá espazo de gardarroupa para deixar as prendas antes de saír a correr evento.

WC: cuartos de baños accesibles para os corredores cerca da liña de saída, situaranse nas inmediacións doa ponte dos tirantes.

– Bolsa do corredor: a bolsa do corredor recóllese ao terminar a carreira.

Camiseta conmemorativa: todos os inscritos recibirán unha camiseta conmemorativa que se entregará cando se recollan os dorsais. Cada atleta elixirá a súa talla previamente na inscrición.

Servizos sanitarios: todos os atletas participantes estarán cubertos cunha póliza de Seguro de Responsabilidade Civil e dun Seguro de Accidentes Deportivos. Haberá dúas ambulancias e dous médicos/as para a atención; ademais dos fisioterapias xa comentados. Tamén contaremos cun desfribilador (DESA) na carreira, que será portado por dous ciclistas.

Avituallamento: haberá diversos puntos de avituallamento durante a carreira e ao cruzar a liña de menta, onde tamén haberá produtos alimenticios, como froita.

Multimedia: os atletas poderán descargar fotografías gratis dende a páxina de Facebook do evento. Tamén haberá un vídeo resumen de toda a proba.

Música: Colocarase diferentes puntos de música durante todo o percorrido para animar aos atletas. Haberá un grupo de música, dous DJ’s, tres charangas e dous altofalantes con música.

La entrada Servizos que se ofertan no Gran Fondo Caixabank aparece primero en Sociedad Gimnastica de Pontevedra.


Enlace con la noticia original: Servizos que se ofertan no Gran Fondo Caixabank

Mas noticias relacionadas